
A clave deste avance reside na creación dun ciclo de metabolismo lipídico totalmente abiótico. Utilizando axentes de acoplamento químicos, os investigadores conseguiron inducir a formación in situ de fosfolípidos que, unha vez creados, se auto-organizan en membranas, coa particularidade de que poden descompoñerse de forma controlada e rexenerarse co aporte de enerxía externa. Con isto os investigadores poden controlar o tempo que vive esa célula e programar a súa desintegración.
Este ciclo anabolismo-catabolismo é o que permite que as membranas poidan manterse estables no tempo ou ser recicladas, encapsular e liberar moléculas, e mesmo realizar cambios estruturais semellantes aos que experimentan as células vivas.
Aplicacións que van máis aló da bioloxía sintética
Alén do impacto fundamental para a construción de protocélulas, esta tecnoloxía pode ter aplicacións en campos como a liberación controlada de fármacos, a creación de organelos sintéticos ou o deseño de sensores químicos intelixentes.
Un aspecto especialmente novidoso do traballo é a capacidade de inducir transicións de fase nas membranas (de vesículas a gotas tipo esponxa) que permiten a mestura de contidos e lípidos entre diferentes compartimentos artificiais. Isto podería inspirar novas estratexias para a comunicación entre células artificiais ou a súa interacción con células naturais.
Innovación dende o CICA
O CICA da Universidade da Coruña continúa así consolidándose como un referente internacional en nanotecnoloxía e bioloxía sintética. O artigo foi desenvolvido en colaboración coa Universidade de California San Diego, e o doutor Brea destaca como co-primeiro autor e co-investigador principal xunto ao profesor Neal K. Devaraj.
Este traballo foi financiado, entre outras institucións, pola Xunta de Galicia a través da convocatoria de contratos Ramón y Cajal e proxectos de investigación de excelencia.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.