
Trátase de 'tres pesos pesados do Dereito Administrativo español': José María Gimeno Feliú, da Universidad de Zaragoza; Juli Ponce Solé, da de Barcelona, e Agustí Cerrillo Martínez, da Oberta de Catalunya.
Acudiron a este encontro convidados polos docentes Patricia Valcárcel Fernández e Rafael Fernández Acevedo, responsables do proxecto de investigación Desafíos estratéxicos da contratación pública na era da 4ª Revolución Industrial: sostibilidade, gobernanza e Intelixencia Artificial, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e ao abeiro do cal se organizou esta xornada.
Un sector especialmente relevante
Tras a inauguración, presidida polo decano da facultade, Francisco José Torres, foi Patricia Valcárcel, catedrática de Dereito Administrativo, a encargada de darlles a benvida aos poñentes e presentar a xornada, un intre no que fixo fincapé en como a Unión Europea vén manifestando desde hai tempo a súa inquedanza polas derivacións asociadas a esta 4ª Revolución Industrial, un termo acuñado polo fundador e director do Foro Económico Mundial, WEF, Klaus Martin Schwab, para referirse a esta nova etapa na que se veñen xeneralizando todo un conxunto de novas tecnoloxías que fusionan o mundo físico, o dixital e o biolóxico, impactando en todas as disciplinas e, por tanto, tamén no Dereito. Pola contra, a regulación necesaria para que dita revolución se desenvolva dunha forma socialmente asumible e alcance o seu completo potencial está aínda nunha fase moi inicial, salientou a coordinadora da xornadas.
Valcárcel situou ás persoas asistentes, entre eles moitas alumnas e alumnos da facultade, da importancia dun sector ao que se referiu como especialmente relevante, o que o converte en campo de batalla para analizar infinidade de cousas positivas e tamén negativas. Trátase, ademais, dun sector que acaba de sufrir unha transformación impresionante nas últimas décadas. Ata hai non tantos anos era un apartado gris do Dereito Administrativo, víase como un procedemento máis dentro do que é o entramado da adxudicación. Loxicamente, hoxe segue sento tamén iso, pero demostrouse que é moito máis, tanto para o bo como para o malo, recalcou a docente.
Importante impacto da IA
A integración da Intelixencia Artificial neste ámbito ten, a xuízo de todos os participantes na xornada, un importante impacto sobre o crecemento potencial do país ao aumentar a produtividade no funcionamento dos servizos públicos, as interfaces das relacións cos administrados, a xestión administrativa interna, os procesos de toma de decisión, os sistemas de xestión da información e o apoio na definición e articulación das políticas públicas e, entre elas en particular, na contratación pública.
Tras a apertura o primeiro relatorio correu a cargo do catedrático de Dereito Administrativo da Universidad de Zaragoza, José María Gimeno Feliú, quen falou sobre Intelixencia Artificial e prevención da corrupción na contratación pública. A xornada continuou coa participación de Juli Ponce, da Universitat de Barcelona, que reflexionou sobre os contratos públicos e a automatización e, por último, Agustí Cerrillo, da Oberta de Catalunya, afondou na Actuación administrativa automatizada no procedemento de preparación, adxudicación e seguimento dos contratos públicos.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.