Notas de prensa

Investigadores de atlanTTic traballan na mellora das redes 5G ao abeiro do proxecto internacional EWOC

Traballar nas tecnoloxías de comunicación 5G e máis alá para mellorar as súas prestacións é o obxectivo de EWOC (Enabling Virtualized Wireless and Optical Coexistence for 5G and Beyond), o proxecto internacional no que participa un grupo de investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, que teñen como propósito principal avanzar na optimización destas redes para conseguir que sexan máis rápidas, eficientes e fáciles de usar.

“EWOC busca desenvolver unha nova solución de rede óptica e sen fíos, flexible e virtualizada, para optimizar os recursos das redes 5G e posteriores (B5G), aumentando de xeito significativo a eficiencia espectral”, sinala Felipe Gil Castiñeira, investigador de atlanTTic e docente da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, quen coordina o proxecto na UVigo. Centrado en comunicacións de alta capacidade e baixa latencia (40-90 GHz), EWOC sentará a base para unha mellora de 50 veces a eficiencia espectral. “Partindo de que os sistemas 5G combinarán tecnoloxías ópticas e sen fíos, procurarase traballar en superar os retos que presenta a súa integración”, explica Felipe Gil.

Financiado polo programa Horizon Europe-MSCA-DN (Marie Skłodowska-Curie Actions) con 2,3 millón de euros, EWOC está integrado por unha decena socios: Instituto de Telecomunicações, que é o coordinador; Universitat Politècnica de Catalunya; Politécnico de Torino; Technische Universität Dresden; University of South Wales e as empresas Huawei Sweden, YLO-Verkot, Top-IX e ISRD, de nove países: Portugal, España, Italia, Alemaña, Reino Unido, Suecia, Finlandia, Polonia e Francia. Precisamente, esta semana as entidades socias celebraron unha reunión en Vigo na que analizaron o progreso do proxecto e definiron os pasos futuros, na que foi a oitava xuntanza plenaria do consorcio.

Retos da tecnoloxía 5G

O crecemento exponencial no uso de servizos de Internet que esixen gran ancho de banda require novos avances en tecnoloxías de transmisión de datos ópticos para lograr un maior rendemento e latencias mínimas. Os sistemas 5G, que combinan innovadoras tecnoloxías de radio e rede central, integrarán as comunicacións ópticas. “EWOC é unha iniciativa multidisciplinar no marco das telecomunicacións e o foco da UVigo está en manter estas novas redes seguras e privadas, ao mesmo tempo que se aumenta a súa operación automática e intelixente”, destaca Gil, que incide en que neste proxecto, “se propoñen e validan novas ideas, que posteriormente terán que ser implementadas en prototipos, probadas en pilotos, e xa finalmente, se todos os pasos anteriores foron exitosos, poderán pasar aos estándares e aos produtos comerciais”, engade o investigador.

Precisamente en atlanTTic, o investigador Orestis Maraziotis está desenvolvendo unha tese de doutoramento sobre ciberseguridade, privacidade e intelixencia artificial para que as novas redes sen fíos e ópticas, virtualizadas e flexibles, propostas en EWOC, sexan máis automáticas grazas á IA, sen comprometer a seguridade nin a privacidade dos usuarios.

A tecnoloxía que se desenvolverá no marco de EWOC achegará vantaxes e beneficios tanto para usuarios finais e como para empresas de telecomunicacións. “Pretendemos conseguir redes con capacidades moi superiores ás actuais, que se adapten mellor ás necesidades dos usuarios de forma automática e ofrecendo novos servizos, integrando tamén capacidades de intelixencia artificial, ao mesmo tempo que garantan a seguridade e a privacidade”, conclúe Felipe Gil.

Universidade de Vigo (UVigo), 2025-02-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES