
Entre os relatores convidados a participar nestas xornadas figuran o catedrático de Ciencia Cognitiva do Rensselaer Polytechnic Institute de New York (EE.UU), Ron Sun; o catedrático de Filosofía e Ciencias da Computación da Escola de Finanzas e Xestión de Fráncfort (Alemaña), Gregory Wheeler; o catedrático de Ética Empresarial e director do Instituto de Ética en Intelixencia Artificial da Technical University of Munich (Alemaña), Christoph Lütge; a profesora da Facultade de Biomédicas da University of West London (Reino Unido), Paula Boddington; o catedrático de Humanidades da University of Florida (EE.UU), Cameron Buckner; e o profesor do Centro para Estudos da Ciencia da Aarhus Univesity (Dinamarca), Rune Nyrup.
As persoas interesadas en participar neste evento que se enmarca dentro das XXX Xornadas de Filosofía e Metodoloxía Actual da Ciencia terán que enviar un correo electrónico cos seus datos persoais a [email protected] ou ben chamar ao 881 01 3814 antes das 14:00 horas do venres 21 de febreiro. O prezo da matrícula oscila entre os 40 e os 80 euros, dependendo de se a persoa inscrita pertence á comunidade universitaria ou ao ámbito profesional.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.