
Unha vez representadas, un xurado de expertos e expertas seleccionará dúas pezas, así como o público asistente unha terceira, que recibirán 500 euros de premio cada unha delas. Seleccionaranse un máximo de 10 pezas para este concurso.
As persoas ou entidades interesadas en participar deberán enviar a súa proposta antes das 23:59 horas do venres 1 de setembro ao correo experimentadanza@yahoo.es ou a través do WhatsApp do festival: 663 301 765.
Esta duodécima edición do Encontro Artes pola Integración, o festival das artes inclusivas para a transformación social, arrincará nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña o venres 1 de setembro ás 19:00 horas coa presentación do festival para, a continuación, asistir a tres representacións teatrais: a peza curta O meu lugar! - dirixida por Rebeca Ponche e Carlota Pérez coa axuda de dramaturxia de Victor Duplá e María Vazquez - baseada na obra A tempestade, de William Shakespeare, a peza Tuétano, de ExperimentaDanza, versión longa da obra Non me toques o segredo representada na pasada edición do festival, e Mordiendo la verdad. Recuperando la memoria de las mujeres, de Palomica Lloca Producciones, un premiado espectáculo que combina teatro, música, danza y poesía visual.
A primeira xornada do XII Encontro Artes pola Integración chegará ao seu fin co Encontro de videodanzas e diversidade, unha colección de proxectos de linguaxe audiovisual en colaboración co prestixioso Fiver Internacional Dance Film Festival.
O sábado 2 de setembro o evento trasládase ao Centro Ágora onde, ás 16:00 horas, se inaugurará a exposición A mocidade crea, proxecto realizado en colaboración con SacraExperience logo dun proceso de dous anos de formación e elaboración e que está conformada por fotografías, artes plásticas e videocreaciones realizada por adolescentes.
Ás 16:40 horas dará comezo a Asemblea Diversa, nesta edición centrada nos museos como espazos e referencias terapéuticas, onde coñeceremos as experiencias de Rebeca Ponche, especialista en artes terapéuticas, Juan García Sandoval, Conservador de Museos da Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia, Karen Lund Orbeta. arteterapeuta especialista en arte e museos, Encarna Lago, Xerente da RedE Museística Provincial de Lugo, e a doutora Alexandra Gerstain, do CourtLaud Museum de Londres. A Asemblea Diversa rematará cun obradoiro experiencial
Posteriormente, ás 20:00 horas, Yurdance ofrecerá o seu espectáculo de danza The Sound of the Void sobre a fraxilidade humana e a impermanencia da vida para, a continuación, gozar da actuación da Big Band Basket Beat, un proxecto de movemento, arte, educación e acción social cunha metodoloxía que explora todas as posibilidades que nos ofrece unha simple pelota de baloncesto.
Esta cita chegará ao seu fin na xornada do domingo 3 de setembro, xa na praza da Constitución (Cidade Vella) e en horario de 17:00 a 20:00 horas, co xa mencionado Concurso de piezas para la comunidad.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.