
Un equipo de investigación formado polos profesores Iria Caamaño, Eduardo Guillén Solórzano e Manuel MartÃnez está a estudar diferentes indicadores para o seguimento da información turÃstica da cidade. Na presentación tamén interveu o secretario xeral da UDC, Carlos Aymerich.
A creación dun Observatorio TurÃstico proporciona aos axentes turÃsticos da cidade a posibilidade de ter acceso aos principais datos sobre a dinámica e o impacto turÃstico na cidade nunha única plataforma e en tempo real. Estes datos poderanse compartir cos axentes do sector para a toma de decisións en cada momento do ano, precisando con máis eficacia as accións que cada un poida desenvolver.
“Desde o Concello apostamos decididamente por un turismo de calidade para amosarlle ao mundo por que A Coruña é unha cidade diferente, que deixa pegada en todo aquel que a visita”, sinalou Inés Rey. Este Observatorio, o primeiro creado en Galicia, permitirá a realización de estudos analÃticos e de predición das dinámicas turÃsticas no destino e facer un seguimento da relación entre a poboación local e a actividade turÃstica, contribuÃndo asà a unha mellor planificación das estratexias municipais. Ademais, levarase a cabo unha medición da pegada de carbono en grandes eventos da cidade, apostando polo turismo sostible.
Os primeiros datos, recollidos durante o mes de febreiro, obtivéronse a través de enquisas e outras fontes primarias que permiten coñecer o perfil do visitante que se atopa en cada momento na cidade e actuar en consecuencia. As valoracións dos visitantes en diferentes aspectos da cidade cambian ao longo do ano. Coñecer en cada momento estas variacións é unha vantaxe na toma de decisións e creación de produto.
“O turismo é un dos eixes da nosa acción de goberno durante os últimos anos. A Coruña é hoxe unha das grandes potencias do sector, por exemplo, en turismo de congresos e eventos”, sinalou Inés Rey. O obxectivo final deste proceso investigador é a creación dunha plataforma que aglutine todos os datos estudados e que estará a disposición dos axentes económicos e das distintas áreas da administración municipal proximamente.
Coralinda é unha comedia xestual dirixida a público familiar e infantil. A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, a obra constrúe un universo cómico e poético que transita do realismo á hipérbole da vida cotiá. Unha proposta escénica ao estilo dos debuxos animados que aborda a temática da inmigración e do medio ambiente desde o humor, a poesÃa visual e a emoción. A obra convida a reflexionar sobre as experiencias das persoas que viaxan lonxe da súa terra.
Foi presentadoo o novo festival Sons de Vigo que se celebrará do 27 de marzo ao 4 de abril no Ifevi. Este evento aposta tanto por grandes nomes do panorama nacional como por artistas locais da escena galega. A presentación, celebrada no Paseo das Avenidas, xunto ao monumento a Julio Verne como un dos sÃmbolos de Vigo, contou coa actuación de Castle e Milutxo, músicos locais que ofreceron varios dos seus temas. Sons de Galicia forma parte da programación dos Concertos do Xacobeo organizados pola Xunta de Galicia, unha iniciativa que impulsa a celebración de grandes citas musicais en Galicia. O ciclo comezará o 27 de marzo con Lingua Urbana, un dos cinco eventos musicais que acollerá o Ifevi dentro desta programación.