Notas de prensa

Romaría da Pena Redonda de Paradela

O Concello de Paradela vai revitalizar tres tradicionais romarías do Concello, con motivo de celebrar o bicentenario da institución municipal. A primeira, é a da Pena Redonda, este domingo. E logo virán A das Dores, na capital do concello, o fin de semana próximo, e a de Castro de Rei de Lemos, nos primeiros días do mes de outubro. A ermida de Pena Redonda está situada no cumio do Monte de A Trapa, e desde ela divísanse terras de Portomarín, Taboada, O Páramo, Guntín e Taboada.

Pertence á parroquia de San Facundo de Ribas de Miño, onde en tempos houbo un histórico mosteiro, a igrexa garda magníficas pinturas e ao seu arredor está o único cimeterio de Galicia que ten todas as súas lápidas en galego.

A tradición das merendas na contorna da capela vaise recuperar este ano, contando cunha importante afluencia de familias e grupos de amigos, así como tamén con postos de polbo á feira e outros produtos festeiros.

NotaTradicionalmente sacábase á Virxe en procesión para pregar polas necesarias choivas ou, segundo a necesidade, por tempo seco. Levábase tamén, coa mesma intención, á igrexa de San Facundo e volvíase traer o día da festa, querendo a lenda que nunha ocasión a Virxe se negara a ser desplazada. E, para ter idea do arraigado desta romaría, lenda hai que conta que unha vez houbo tres irmás e as tres eran santas, polo que a devoción popular quixo levalas para os tres santuarios que hoxe teñen máis sona na comarca. E así, as tres santas irmáns dende entón convocan anualmente aos fieis cos nomes dos seus santuarios: A Virxe do Milagro de O Cebreiro, a Virxe do Faro, e a Virxe de Pena Redonda.

A animación comezará arredor do santuario durante a mañá, para a celebración á unha da tarde da Misa Maior, seguidamente procesión, e logo sesión vermouth amenizada pola Banda de Música de Paradela. Despois do xantar haberá sesión da tarde, e logo festa e verbena amenizada polos grupos Explosión e Fama.

R., 2022-09-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES