
Esta nova quenda de 'Tranfronteirizas' reúne a Estíbaliz Espinosa, cantante e escritora que ten convertido a súa curiosidade sobre o ceo e o universo en material sensible a través da súa obra; e a Gastón Giribert, físico teórico, que leva boa parte da súa traxectoria profesional traballando arredor de buratos negros e as abordaxes literarias e filosóficas sobre as dimensións do universo e estes astros que son fonte de numerosos paradoxos.
Estíbaliz Espinosa (A Coruña, 1974) é escritora e comunicadora de ciencia, así como cantante. Estudou Socioloxía e Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña e astronomía como afeccionada. Publicou varios libros de poesía en galego (Curiosidade ou As neuronas irmás, entre outros), traducións, relatos e ensaio sobre literatura e ciencia. Organiza actividades ao redor da poesía, a astronomía e a música. Traballou para entidades como a Orquestra Sinfónica de Galicia, Museos Científicos Coruñeses e faino actualmente na Universidade da Coruña, onde imparte escritura creativa.
Gastón Giribet (Bos Aires, 1973) é doutor en física e profesor de Física Teórica da Universidade de Bos Aires. Tamén foi membro doutras institucións, como o Institute for Advanced Study de Princeton, a New York University e a Université Libre de Bruxelles. É autor de máis de cen artigos científicos e, xunto a José Edelstein, publicou o libro Cuerdas y supercuerdas: la naturaleza microscópica de las partículas y del espaciotiempo.
Rosa Montero
Organizado polo ArtLab do IGFAE, centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, 'Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia é un ciclo de diálogos virtuais emitidos en Youtube no que se convida a figuras do ámbito cultural a explorar as interseccións entre a arte e a ciencia con persoal investigador do centro, buscando un enfoque interdisciplinar. Nacido o 15 de maio de 2020 en plena pandemia nunha sesión con Rosa Montero, polo ciclo teñen pasado personalidades como Javier Ruibal, Alejandro Dolina, Anna R. Figueiredo ou Agustín Fernández Mallo co obxectivo de tender pontes e fomentar a participación entre a sociedade e a comunidade investigadora a través de distintas expresión artísticas.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP , que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).