Notas de prensa

A Xestión Cultural perfila as boas prácticas para o futuro dos espectáculos

Os profesionais da xestión cultural fían a cumprimento das boas prácticas a futura celebración de eventos e espectáculos culturais, tal e como se recolle no manual elaborado pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) xunto coa Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC, que o vindeiro curso ofertará o título de grao en Xestión Cultural.

O documento, que se desenvolve baixo o título ‘Manual de boas prácticas na xestión cultural para espectáculos ao vivo’ é o resultado dun intenso traballo liderado por Patricia Hermida e Ángel Dieste baixo a coordinación de Pilar Portela e Carlos Lorenzo, constitúe un paso máis para a consolidación da figura profesionais dos xestores e xestoras culturais. Daquela, este manual, que vén de ser publicado e xa está accesible na web da AGPXC, nace coa pretensión de facilitar o traballo dos profesionais que desenvolven, executan, producen, organizan e ou participan en espectáculos ao vivo.

A esta finalidade tamén cómpre sumar o obxectivo non menor de dotar a este sector profesional de ferramentas prácticas e áxiles que sexan homoxéneas e comúns, co rigoroso cumprimento do marco normativo e integrando e respectando a sustentabilidade nas súas diversas perspectivas, en todas as fases do procedemento de realización dun espectáculo.

Estruturado en 15 capítulos, este manual de boas prácticas para espectáculos ao vivo serve asemade de orientación ante a desigualdade normativa actual, dado que establece un criterio case cronolóxico das tarefas a desempeñar, así como da regulación que afecta a cada unha delas.

A profesora da USC na Facultade de Humanidades e coordinadora do Máster en Xestión de Servizos Culturais, Carme Silva Domínguez, comentou neste senso que o novo manual nace con vocación inmediata, a fin de servir de referencia para a organización de eventos neste período de tempo aínda condicionado pola normativa sociosanitaria derivada da pandemia causada pola COVID-19. O documento, engadiu, tamén se pode entender como unha ferramenta moi útil de cara ao futuro.

Silva Domínguez, quen participou na presentación en liña deste manual de boas prácticas na xestión de espectáculos ao vivo, salientou que estea publicación é tamén un primeiro paso que convida a reflexionar sobre o futura da cultura, tanto no que atinxe á celebración de espectáculos ao vivo, como ás crecentes fórmulas de manifestacións e goce de xeito dixital, e mesmo respecto da pertinencia ou non da súa gratuidade.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-05-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES