Notas de prensa

Cinco rapazas e un rapaz gañan o IV Concurso de microrrelatos da Real Academia e PuntoGal nas categorías de infantil e xuvenil

Trinta e catro palabras foron dabondo para que Álex Gallego Couñago (2010), alumno do CEIP Manuel Padín Truiteiro de Arcade, se fixese co primeiro premio da categoría infantil do IV Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal. A súa historia, titulada 'Saíndo do túnel', foi a mellor valorada entre os máis de 300 contos presentados por nenos e nenas de ata 11 anos.

Na categoría xuvenil, a gañadora do primeiro premio é a ourensá Alba Guzmán Falcón (Ourense, 2003), estudante do IES Eduardo Blanco Amor, cuxo relato de 200 palabras, “Bolboreta”, competiu con outros 477.

O xurado de infantil e xuvenil, composto pola escritora e membro correspondente da Real Academia Helena Villar Janeiro, polo tradutor e tamén académico correspondente Xavier Senín, a secretaria e a membro do equipo de PuntoGal, Edita de Lorenzo e Cristina Ríos, e mais o xornalista Lois Alcayde, decidiron conceder os segundos premios a Niara Cabreirizo Collazo (Moaña, 2013), alumna de 2º de primaria do CEIP de Seara, participante na modalidade infantil cun conto de 33 palabras titulado “Unha mala noite”; e Nayara Alonso Barredo (Vigo, 2004), estudante de 1º de bacharelato do IES Álvaro Cunqueiro, galardoada por “Ela”, de 181 palabras.

O terceiro premio de infantil é para Carmen Mendaña Vázquez (Santiago de Compostela, 2011), estudante do CEIP das Fontiñas, polo relato “Papá”, de 185 palabras; e na categoría xuvenil recaeu sobre “A choiva”, unha historia de 130 palabras escrita por Lucía Álvarez Puga (Vigo, 2004), alumna tamén do IES Álvaro Cunqueiro.

O xurado declarou ademais dous finalistas por cada categoría. Na modalidade infantil, “A batalla perdida”, de Andrés de Miguel Caballero (Vigo, 2010), estudante do Colexio Montecastelo; e “Collo a túa man e saímos correndo” de Martiño Yáñez Rodríguez (Brión, 2010), alumno de 5º de primaria do CEIP de Pedrouzos. Na categoría xuvenil, os relatos finalistas son “No sorriso do avó”, de Anxo Vázquez Novo, estudante de bacharelato no Colexio Salesianos (A Coruña, 2003); e “Mente asoballada”, de Laura Freire (Aranga, 2004), alumna tamén de bacharelato no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.

A Real Academia Galega e PuntoGal publicarán os seis relatos gañadores de infantil e primaria xunto aos premiados na categoría de adultos, escritos por Paloma de Toro González (Ourense, 1985), Luca Chao Pérez (Lugo, 1988) e María Cabaleiro Alfaya (Tui, 1993). Poderán lerse proximamente nas páxinas web de ambas as institucións e en relatos.gal, a web do concurso, onde se ofrece toda a información sobre a convocatoria.

As persoas galardoadas recibirán diferentes premios tecnolóxicos, libros e, no caso dos primeiros e segundos premios das categorías de adultos e xuvenil, un dominio .gal gratuíto durante un ano. Luzes agasallará ademais as premiadas na modalidade de adultos cun lote de publicacións da revista, onde tamén se publicarán os relatos gañadores e os finalistas non premiados.

Puntogal, 2021-05-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES