Notas de prensa

O IV Foro #aculturasegue analiza os retos do sector do libro na era poscovid-19

O director xeral de Políticas Culturais conduciu a cuarta sesión dos Foros #aculturasegue, 'Reflexións sobre a cultura na era poscovid-19'. Esta nova cita estivo centrada nos desafíos aos que se enfronta o sector do libro no contexto actual, marcado polo impacto económico da crise sanitaria en editoriais e librarías, os aprazamentos de eventos como feiras ou presentacións, o parón no lanzamento de novidades editoriais, ou os novos desafíos do libro dixital.

O foro contou coa participación de Santiago Fernández de Caleya, director da Editorial Turner, que con máis de 40 anos e máis de 3.000 títulos publicados está especializada en libros de arte e ilustrados de coidada factura, así como en coleccións de ensaio e non ficción. Pola banda galega estivo presente Anxa Correa, responsable de edición en Rinoceronte, a primeira editora especialista na publicación de obras traducidas ao galego, apostando por autores de calidade, inéditos ou descoñecidos no noso contexto literario.

Os Foros #aculturasegue. Reflexións sobre a cultura na era poscovid-19 véñense desenvolvendo desde o pasado mes de maio e constan nunha serie de encontros en formato webinario con especialistas procedentes de distintos campos do eido cultural. As sesións poden seguirse por videoconferencia e convidan á reflexión e á análise dos retos aos que se enfronta o sector no panorama actual. A actividade está impulsada pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e no marco do Xacobeo 2021 e realízase ao abeiro do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da covid-19, promovido polo Goberno galego.

Foro #aculturasegue, 2020-06-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES