
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na mesa redonda mantida a través de vídeoconferencia 'Hoteis de Galicia: abrimos? como? cando?', organizada pola Asociación de Empresarios de Hospedaxe de Pontevedra (ASEHOSPO), Hostelería de Vigo e Hosteleria de Pontevedra, onde puxo de manifesto o traballo que se está a facer da man do sector para elevar os estándares de seguridade por riba da media no proceso de reapertura dos hoteis.
Como explicou, estase avanzando para ter dispoñibles os protocolos que complementen e reforcen as indicacións do Ministerio de Sanidade publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) para as diferentes áreas do turismo, así como nas guías con recomendacións específicas para cada actividade do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
Nava Castro recordou, ademais, que se trata dunha medida incluída no Plan de Reactivación do sector turístico posto en marcha pola Xunta e que recolle entre as súas accións máis destacadas o programa Galicia, destino seguro. Esta iniciativa, que conta cun investimento de 5 millóns de euros, permitirá a posta en marcha de axudas públicas para os negocios que precisen acometer actuacións que teñan por obxectivo garantir a seguridade sanitaria.
Máis de 400 hoteis
A directora de Turismo de Galicia apelou á prudencia e á información e formación á hora de reabrir as actividades para poder realizalo de xeito seguro. Agradeceu o traballo e esforzo do sector hoteleiro, que na provincia de Pontevedra suma máis de 400 hoteis. Referiuse en especial ao compromiso expresado nas semanas máis duras do confinamento abrindo as súas portas aos servizos sanitarios e os servizos esenciais e amosando agora responsabilidade para cumprir os novos protocolos no proceso de reapertura.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.