
Para acceder a estes recursos tan só é preciso darse de alta na Rede a través da páxina web de CeMIT.
Apoio para os maiores
A Rede, cuxa actividade fan especial fincapé nas persoas con máis dificultades no acceso a tecnoloxÃa, entre eles o colectivo de maiores, colabora estes dÃas co aliado dixital Fegaus na iniciativa #MayoresActivosEnCasa, e a través da plataforma web Canal Sénior, calquera cidadán con conexión a internet, pode participar nas charlas sobre tecnoloxÃa, historia, arte, manualidades, etc.
Ademais, axentes TIC responsables da formación das aulas CeMIT están a centrar a súa labor formativa estas semanas no acompañamento personalizado e titorización, principalmente, das persoas maiores, ben a través do teléfono para os alumnos e alumnas con menos coñecementos, ou a través de mail, redes sociais ou aplicacións de videoconferencia.
Neste último mes, a formación dixital para as persoas maiores orientouse principalmente á comunicación a través das ferramentas e aplicacións dixitais e tamén no uso de servizos dixitais, coma a solicitude de cita no médico (para a consulta telefónica) a través da plataforma de É-Saúde ou a banca electrónica. A formación complétase con propostas de ocio como xogos de memoria, culturais e visitas virtuais, exercicio ou receitas.
Para coñecer as aulas que están a desenvolver este tipo de actividades, aconséllase contactar directamente cos responsables dos centros CeMIT.
GuÃas e post con propostas e recomendacións tecnolóxicas
A Amtega, desde o comezo do estado de alerta sumouse a iniciativa #EuQuedoNaCasa e desde a Web Faitedixital publica diariamente unha gran variedade de post para toda a cidadanÃa con propostas de recursos tecnolóxicos que permiten sacar un maior aproveitamento desta situación que estamos a vivir, impulsando un uso seguro e responsable da tecnoloxÃa no fogar, asegurando un bo teletraballo ou manténdote activo fÃsica e mentalmente.
Esta semana as publicacións estiveron dirixidas ás persoas maiores e tamén publicarase a GuÃa para persoas maiores “Aproveita o tempo na casa coa tecnoloxÃa“.
A Rede CeMIT
A Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega e conta coa colaboración de 92 concellos, está integrada por 98 aulas e está presente en 53 comarcas, co obxectivo común de transformar á cidadanÃa galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital. A rede é un dos instrumentos principais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia para ofrecer a cidadanÃa recursos de capacitación dixital en función do seu nivel de coñecemento.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.