
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe no hotel Araguaney na presentación da programación da décimo sétima edición da Semana Internacional de Cine Euroárabe AMAL, que se celebrará en Santiago de Compostela entre o 21 e o 25 de outubro co apoio da Xunta de Galicia.
Durante a presentación, a cargo do presidente da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e director da Semana AMAL, Ghaleb Jaber Martínez, o representante da Xunta afirmou que este festival audiovisual permite un encontro entre as culturas árabe e europea, tendendo pontes a través da linguaxe universal do cine. Tamén puxo en valor a proxección de traballos que non teñen cabida no circuíto comercial convencional, así como a reflexión que ofrece sobre as diversas realidades sociais dos territorios árabes.
Na rolda de prensa, ademais de Anxo M. Lorenzo, tamén estivo presente o presidente da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e director da Semana AMAL, Ghaleb Jaber Martínez.
Nove proxeccións
Ao longo de cinco días AMAL ofrecerá nove proxeccións no Teatro Principal de Santiago, entre as que se inclúen tanto cintas de ficción como documentais. No marco deste último xénero, na sesión inaugural do ciclo estrearase La gente empieza aquí, de Joseba Sanz. Tras o filme, haberá unha charla coloquio con Jesús Núñez Villaverde, codirector do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria (IECAH).
A lista de documentais incluídos en AMAL complétase con Sky and Ground, dos produtores Tayla Tibbon e Joshua Bennet; Hamada, de Eloy Domínguez; Soufra, do cineasta Thomas Morgan, e Renault 12, de Mohamed El Khatib. No relativo á ficción, proxectaranse os filmes Look at me, de Nejib Belkadhi; Yomeddine, do escritor e director Abu Bakr Shawky; Mafak-Screwdriver, de Bassam Jarbawi, e Capharnaüm, da directora libanesa Nadine Labaki.
Toda a información sobre os filmes e os horarios de proxección poden consultarse na páxina web da Semana Internacional de Cine Euroárabe AMAL ou a través das redes sociais.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.