
Comeza unha nova Tempada de Teatro de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e faino coa obra de Valle-Inclán Divinas palabras adaptada e dirixida por José Carlos Plaza. Cun elenco conformado por María Adánez, Ana Marzoa, Javier Bermejo, Alberto Berzal, María Heredia, Chema León ou Diana Palazón, entre outros, poderase ver mañá venres 11 de outubro, ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo.
As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen un abono de tempada, que supón un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas soltas.
DIVINAS PALABRAS, DE VALLE-INCLÁN
O texto é a culminación do ciclo mítico de Valle-Inclán cunha estética moi próxima aos esperpentos. O tráxico, o dramático, o cómico e o grotesco xúntanse nesta traxicomedia, onde é evidente a influencia de Goya e as súas Pinturas Negras, dos disparates, dos horrores da guerra. É tamén evidente a influencia de Solana, Dalí e de toda unha corrente española que chega ata os nosos días con Buñuel á cabeza- dunha auténtica sinfonía de cores, sons e sentimentos.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.