Notas de prensa

A feira de artesanía MOSTRART celebra na Coruña a súa edición número 35

A feira de artesanía MOSTRART, que se celebra na Coruña dende 1985, abrirá a súa edición número 35 o xóves 1 de agosto (inauguración prevista as 12 h.), e poderá visitarse ata o día 15 nos Xardíns de Ménez Núñez, frente o Cantón Pequeno. Este ano Mostrart acolle a 56 artesáns profesionais de diferentes lugares de Galicia, prácticamente todos acollidos o sistema da marca oficial da Artesanía de Galicia, e un obradoiro invitado que procede de Madrid.

Os expositores repartiránse en 43 casetas, participando algún deles na primeira parte da feira e outros na segunda.

Destaca a incorporación de oito novos obradoiros que participan por primeira vez en Mostrart:

Isabel Andrade, xoieira de Coristanco (A Coruña)
Verdecima, talla de madeira de Mos (Pontevedra)
Liño e lá, traxes tradicionais e complementos de moda, de Gondomar (Pontevedra)
Rosa Fraiz, xoieira de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
i-Lab, xoiería de A Coruña.
Polo Enriquez, vidro de O Temple-Cambre (A Coruña)
Ferraxe de Prata, xoiería, de Teo (A Coruña).
Miyaya, cerámica de Madrid.

O cartel desta edición reproduce un traballo do obradoiro “Anaquiñosdepapel” (A Coruña, http://anaquinosdepapel.com), gañador da Beca Eloy Gesto 2018 que otorga a Xunta de Galicia.

Os días 6 e 7 de agosto terá lugar o obradoiro de participación colectiva ‘Iglú’, que consistirá na construcción dun Iglú ou cabana de vimbio mediante a técnica de cestería intuitiva, tecido ao azar ou técnica “niño”, inspirada en como os paxaros tecen os seus niños.

Calquer persoa poderá participar sen precisar coñecementos previos en cestería, e así, ser capaces de tecer e entrelazar varas de vimbio para conseguir ao final do obradoiro a cabana realizada entre tódalas/os participantes.

Este obradoiro está a cargo da cesteira Julia de la Cal (http://www.laparabolica.com)

A feira conta co apoio da Xunta de Galicia, da Fundación Pública Artesanía de Galicia, e do Concello da Coruña.

Mostrart está organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), que ven traballando na promoción da artesanía dende 1983.

Listado de expositores con datos e enlaces, cartel da feira en alta resolución e plano de distribución en www.mostrart.org

Mostrart, 2019-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES