Notas de prensa

A USC desenvolve con cinco empresas biotecnolóxicas galegas solucións para a verificación da sustentabilidade no sector téxtil

O control ambiental efectivo nos procesos de fabricación téxtil e autenticación e seguridade de téxtiles sustentables e o desenvolvemento de dispositivos de control medioambiental na súa fabricación centran os obxectivos do programa QC4SusTex, un proxecto aprobado na última convocatoria Conecta-Peme e dotado con 1,3 millóns de euros de financiamento ata 2020 que vén de ser presentado este martes na Facultade de Ciencias de Lugo.

Neste acto participaron representantes das cinco empresas biotech implicadas, ademais dos investigadores ou coordinadores dos tres grupos da USC que colaboran nesta nova iniciativa de I+D+i a prol da sustentabilidade.

Os socios promotores do proxecto QC4SusTex traballan a prol do desenvolvemento de solucións globais eficaces e comercializables para resolver demandas específicas de control de calidade no ámbito da moda, un “sector que en Galicia xera un volume de negocio de máis de 20.000 millóns de euros, pero que é moi dinámico e cada vez está máis deslocalizado”, segundo indicou o CEO de AMSlab, Manuel Lolo, quen tamén indicou que cada vez son máis ás empresas téxtiles, tanto galegas, como nacionais e internacionais, que sitúan a sustentabilidade no epicentro da súa estratexia de negocio.


QC4SusTex busca dar resposta e achegar ferramentas ás empresas téxtiles, que, sabedoras do impacto ambiental que depara a súa actividade, exploran métodos de fabricación máis respectuosos co medio ambiente que requiren tamén do desenvolvemento de novas tecnoloxías que posibiliten controlar e acreditar os procesos sustentables de produción.


A redución de recursos e residuos é unha necesidade en todos os procesos de produción, sinala Manuel Lolo, para quen o desenvolvemento de proxectos de I+D+i orientados ao desenvolvemento de tecnoloxías orientadas á verificación da sustentabilidade antóllase como “unha cuestión de vital importancia para a industria téxtil, unha industria moi potente en Galicia e referente mundial que precisa deste tipo de mecanismos”, dixo.


O acto de presentación do proxecto QC4SusTex, un programa que recibe financiamento da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e de Fondos Europeos para o Desenvolvemento Rexional (Feder) e que tamén conta co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria que dirixe Francisco Conde, congregou na Facultade de Ciencias do campus de Lugo a representantes de todas as entidades, investigadores e empresas implicadas.


O CEO de AMSlab, Manuel Lolo, foi o encargado de guiar un acto, “co que tamén queremos darlle visibilidade á Facultade de Ciencias e ao campus de Lugo neste momento no que se está a debater sobre o futuro mapa de titulacións universitarias en Galicia”, dixo. Na sesión tamén participaron a CEO de Organistry, Ãngeles Conde; o CEO de MestreLab Research, Santiago Domínguez; o técnico en desenvolvemento de prototipos en 2xMil, Jesús Martínez; a responsable de veterinaria de Xenotechs, Soraya Lolo; Manuel Mucientes, investigador principal do Citius; Carlos González, responsable de proxectos de sustentabilidade do equipo do Ciqus que lidera Javier Sardina, e o profesor na Facultade de Ciencias e investigador principal do grupo Qual da USC, Carlos Herrero.

Universidade de Santiago de Compostela, 0000-00-00

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES