
Como tal edición dixital, Universo Cantigas constitúe un work in progress, un proxecto aberto, dinámico e suxeito a emendas e mudanzas, ao tempo que aberto á crítica e ás suxestións dos usuarios e, nomeadamente, da comunidade científica.
Universo Cantigas
O proxecto Universo Cantigas ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital dos textos que integran a lírica profana galego-portuguesa, continuando o traballo realizado nos anos 2010-2015 para o Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa (dispoñíbel neste mesmo site e tamén en http://glossa.gal). Esta edición é realizada ao abeiro do proxecto de investigación Glosario crítico da poesía medieval galego-portuguesa. III. Edición crítica dixital das cantigas de amor (ref. FFI2015-63523-P), financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad.
Na primeira fase do proxecto (2016-2018) será editada a primeira sección do «cancioneiro xeral» galego-portugués ou «compilação geral», de acordo con António Resende de Oliveira, que se estrutura en tres grandes xéneros: cantiga de amor, de amigo e de escarnio. Esta sección inicial, que está constituída, fundamentalmente, por cantigas de amor e que se cerra coa rúbrica que abre o sector de amigo, comprende os textos 1-640 dos manuscritos, que copian un total de 1683 composicións, conforme a catalogación de Jean-Marie dHeur.
Universo Cantigas concíbese como unha empresa global que porá ao dispor do público, en sucesivas fases, todas as cantigas dos trobadores, con todas as posibilidades que ofrece o traballo na rede: actualización constante, ausencia de límites de espazo, posibilidade de crecemento e expansión con novos elementos e capacidade de enlace a diversos materiais perieditoriais de evidente valor para a interpretación dos textos.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.