
A Academia Galega do Audiovisual entregará o vindeiro martes, día 5 de xuño, os premios María Luz Morales, que chegan á súa segunda edición coa vontade de promover a investigación científica no ámbito audiovisual. Esta novidosa iniciativa, que conta coa participación das catro deputacións galegas, destacará catro traballos, de videoensaio e ensaio escrito, de ámbito galego e internacional, con cadanseu galardón e 1.200 euros de premio.
No acto de entrega terá lugar o vindeiro martes, día 5 de xuño, ás 19h, na Sala de Plenos da Deputación de Lugo e contará coa participación de Darío Campos, Presidente da Deputación de Lugo; Goretti Sanmartín Rei, Vicepresidenta da Deputación de A Coruña; Xosé Leal, Deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra; María Yáñez, en representación do xurado dos Premios; e Carlos Ares, Presidente da Academia Galega do Audiovisual.
Os premios María Luz Morales pretenden avivar o interese polos estudos sobre o audiovisual, ofrecendo ás persoas estudosas e investigadoras a posibilidade de facer os seus traballos tanto en formato audiovisual como escrito. Levan o nome dunha xornalista galega que foi pioneira no Estado, ao converterse na primeira directora dun xornal diario, e que exerceu como crítica, investigadora e colaboradora de producións audiovisuais. Morales foi tamén un referente na defensa dos dereitos das mulleres, represaliada e apartada da profesión durante o franquismo.
María Luz Morales (A Coruña, 1889 - Barcelona 1980). Escritora e xornalista, especializada na crítica de cine e de teatro, dirixiu o xornal La Vanguardia durante a Guerra Civil, sendo a primeira muller na historia de España en ser directora dun diario estatal. Foi activista feminista, republicana e galeguista represaliada polo franquismo, e autora dunha extensa obra literaria. Considerada unha referencia da incorporación da muller a actividade xornalística e intelectual na España do século XX. Mantivo a actividade xornalística ata os 91 anos de idade.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.