Notas de prensa

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Lugo celebra o Día das Letras Galegas en Xordania

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, celebrou o Día das Letras Galegas á beira do Mar Morto, en Xordania, no decurso dunha viaxe cultural na que participaron 66 lucenses. O xornalista Xulio Xiz, membro desta Asociación, na súa intervención, fixo historia do Día das Letras desde a súa creación en 1963, ata o momento actual, subliñando os especiais méritos de María Victoria Moreno.

Explicou tamén o especial fenómeno dos “Alófonos” – autores de fóra que escribiron en galego- para chegar á declaración que a homenaxeada fixo en 1993 no Congreso dos autores de fóra celebrado en Compostela, onde María Victoria indicaba que non se consideraba alófona senón protagonista “dunha amorosa autofonía”, e a súa relación con Galicia e a lingua era, simplemente, “unha historia de amor”.

A celebración culminou co canto do Himno galego por parte de todos os presentes.

Esta conmemoración na distancia ten como antecedente a que en 2015 fixo esta Asociación en Rumanía, lembrando a especial figura de Manuel María no seu ano.

Na foto, os expedicionarios lucenses diante da fachada de “O tesouro”, en Petra.

Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, 2018-05-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da USC, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES