Notas de prensa

Presentación do facsímil de “A Xanela” coa música de Miro Casabella

Este xoves a Asociación Cultural Eira Vella conmemora o seu 25 aniversario coa presentación do facsímil de A Xanela, na etapa de suplemento cultural de “Betanzos e a súa comarca”, que se entregará aos asistentes. A Xanela apareceu como suplemento deste periódico, antes de convertirse en revista independente, entre os meses de xuño de 1994 a maio de 1995, saíndo un total de doce números.

A edición facsimilar conta cunha portada que reproduce un gravado do artista betanceiro Jesús Núñez, cedido expresamente para a ocasión.

Pechará o acto un recital ofrecido polo veterano músico e cantautor Miro Casabella, quen xa ten colaborado noutras ocasións con Eira Vella. Miro comezou a súa carreira musical conectando co movemento da Nova Cançó cando era estudante en Cataluña, entrando logo en contacto co movemento musical galego de Voces Ceibes e, posteriormente, co grupo folk Doa, antes de abandonar temporalmente a interpretación musical que volvería a retomar despois

A súa obra discográfica abrangue dende os primeiros “singles” e “EP´s”: Miro canta as súas canciós (1968), Miro canta Cantigas de Escarnho e MalDizer (1969), Coma os vellos trobeiros (1972), A Bandeira (1977); ata os discos de longa duración Ti, Galiza (1977), Treboada (1978), e o CD Orballo (2004), ademais doutros recompilatorios e discos colectivos.

Asociación Cultural Eira Vella, 2018-05-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES