Notas de prensa

A celebración do Día da Muller abre a nova carteleira ourensá do CGAI

A película El orden divino, sobre o movemento feminista suízo nos anos setenta, protagoniza a primeira das trece sesións previstas entre marzo e abril na Biblioteca Pública Nodal. O director da Agadic e o presidente do cineclub asinaron o convenio polo que Ourense repite, por quinto ano consecutivo, como sede da programación do Centro Galego de Artes da Imaxe.

Ourense repite como unha das sedes da carteleira do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia grazas ao acordo que, por quinto ano consecutivo, manteñen a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Cineclube Padre Feijoo. A conmemoración do Día Internacional da Muller marca o inicio desta programación, para a que tamén se conta coa colaboración do Concello ourensán e que arranca na Biblioteca Pública Nodal cunha sesión dobre (20,30 e 23,00 h.) de El orden divino, filme de Petra Volpe sobre o movemento feminista suízo nos anos setenta.

O acordo que asinaron o director da Agadic, Jacobo Sutil, e o presidente do Cineclube Padre Feijoo, Manuel Precedo, foi presentado no marco da rolda de prensa sobre os actos promovidos polo Concello de Ourense con motivo do 8 de marzo e na que tamén interviñeron o alcalde, Jesús Vázquez Abad, e a concelleira de Igualdade, Sofía Godoy.

Na súa intervención, o director da Agadic explicou que a colaboración co cineclub da cidade das Burgas, do mesmo xeito que co Valle-Inclán de Lugo e o Lumière de Vigo, permite estender a programación do CGAI máis alá da súa sede na Coruña e poñer a disposición do público ourensán unha “variada oferta de películas non presentes nos cines comerciais”.

Filmes para a reflexión

En Ourense, o calendario de exhibición dos filmes achegados pola Filmoteca de Galicia desenvolverase entre marzo e decembro, maioritariamente con sesións dobres programadas os luns na Biblioteca Pública Nodal. É o caso da carteleira marzo-abril, que arranca hoxe coa produción suíza El orden divino e que, como explicou Sutil, ofrece “unha selección de títulos recentes que nos fan reflexionar sobre situacións de desigualdade por razón de xénero que se dan nos nosos días”.

Así, o seguinte filme en cartel (12 de marzo) é a película arxentina Alanis, unha das sensacións do pasado festival de San Sebastián, onde levou os premios á mellor dirección para Anahí Berneri e á mellor actriz para Sofía Gala pola súa interpretación dunha traballadora sexual que se esforza por educar o seu fillo.

No marco deste mesmo ciclo do Día da Muller, o 19 de marzo proxectarase unha escolma de curtas galegas: Pois iso, que te quero, de Beatriz Belmonte; Atisbos, de Iria Silvosa; Palmira, de Diana Gonçalves; e a galardoada Matria, de Ãlvaro Gago, con premios no festival estadounidense de Sundance e na Seminci de Valladolid, entre outros.

Estreas de cine de autor en abril

Xa en abril, poderán verse por primeira vez na cidade tres producións españolas que trazan unha radiografía do que foi o panorama cinematográfico independente en 2017. Todas elas chegan avaladas pola crítica e por premios en diferentes festivais: Los objetos amorosos (día 9), de Adrián Silvestre; El mar nos mira de lejos (día 16), de Manuel Muñoz Rivas, e La vida y nada más (día 23), de Antonio Méndez-Esparza.

Esta primeira carteleira bimestral de 2018 concluirá o día 30 de abril cunha sesión dedicada aos últimos traballos do galego Alberto Lobelle, na que se inclúen Den Pobedy, sobre a celebración nas ex repúblicas soviéticas do Día da Vitoria contra Alemaña na Segunda Guerra Mundial, e o filme paisaxístico Serra da Capelada.

A entrada para as sesións de Filmoteca dos luns na Biblioteca Pública de Ourense é de 2 euros para os socios do Cineclube Padre Feijoo e de 2,5 euros para o público xeral.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-03-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (ensino-edixgal.jpg) Un total de 596 centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia van participar o vindeiro curso no programa de ensino híbrido E-Dixgal. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP incorpora á iniciativa, a petición dos centros, dous colexios e deciden saír outros tres, de xeito voluntario. En concreto, os centros de nova incorporación son os colexios CEIP de Castrelo de Miño (Castrelo de Miño, Ourense) e o CEIP de Valeixe (A Caniza, Pontevedra). No que atinxe ás renuncias, son as do CEIP de Zalaeta (A Coruña), CEIP Península da Paz (Cervo) e a do Instituto Martaguisela (O Barco).
Foto de la tercera plana (festival.jpg) Durante seis días do mes de setembro, a cidade de Vigo acollerá un ciclo de concertos único que reunirá diferentes xeracións, estilos musicais e públicos nunha contorna privilexiada: o peirao de transatlánticos do Porto de Vigo, un espazo aberto ao Atlántico e situado en pleno corazón da ría de Vigo. Son e Mar combina música, identidade cultural e experiencia colectiva nunha programación pensada para todos os públicos. Ao longo do ciclo, preto de 50 artistas pasarán polo escenario principal e espérase unha asistencia superior ás 35.000 persoas entre todos os eventos programados.

Notas

Galicia prepárase para acoller a edición máis expansiva do festival Pint of Science, que este ano se celebrará de xeito simultáneo en 14 localidades galegas do 18 ao 20 de maio. O evento, que busca sacar a ciencia dos laboratorios e levala ao ambiente distendido dos bares, marca un fito en 2026 ao consolidar a súa presenza tanto nas sete grandes cidades como en concellos do rural e vilas de toda a xeografía galega.
Este mes de maio o campus de Ourense acolle a celebración dun ciclo dedicado a Edgar Neville, 'unha das figuras máis singulares e poliédricas do cinema español'. A iniciativa, froito da colaboración da Vicerreitoría do campus e o Ourense Film Festival (OUFF), está composta por catro proxeccións, unha cada xoves de mes, de obras cinematográficas deste autor, cuxa produción abrangue dende o fantástico ata a comedia costumista.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES