Notas de prensa

Cultura impulsa o programa de formación en arquivística coa convocatoria de 20 bolsas

As bolsas destínanse a actividades relacionadas cos procesos técnicos do ámbito dos arquivos e cos seus fondos documentais. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 6 de marzo. Ofrécese unha formación teórico-práctica –impartida por profesionais con experiencia e coñecemento neste ámbito– que, engadida á formación académica.

A Consellería de Cultura e Educación impulsa o programa de formación en materia de arquivos coa convocatoria de 20 bolsas, destinadas á cualificación técnica relacionada cos procesos do ámbito arquivístico e dos fondos documentais. Cultura destina un total de 107.406 euros á convocatoria de 2018, que se publica no Diario Oficial de Galicia.

Os bolseiros realizarán a súa actividade nos arquivos aos cales sexan destinados e nos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e serán tutelados, coordinados e dirixidos polos seus servizos técnicos de arquivos.

Con esta nova convocatoria ofrécese unha formación teórico-práctica –impartida por profesionais con experiencia e coñecemento neste ámbito– que, engadida á formación académica, contribúe a completar o currículo académico dos bolseiros e bolseiras, nas técnicas e aptitudes necesarias que faciliten a súa inserción no mundo laboral, cun contacto directo co labor dos arquivos. Ao mesmo tempo, axudan na conservación, protección, promoción e difusión dos arquivos galegos.

Os destinatarios das bolsas son os titulados superiores con formación en historia e/ou arquivística, que non estean traballando ou gozando doutra bolsa no momento da solicitude e que non se beneficiaran anteriormente desta convocatoria. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 6 de marzo.

Bolseiros formados

Ao abeiro desta convocatoria, os bolseiros e bolseiras que se formaron o pasado ano 2017 realizaron tarefas de descrición de fondos nos sete arquivos dependentes da Secretaría Xeral de Cultura; nos arquivos municipais de Cee, de Curtis, do Valadouro, de Pontedeume, de Sober e de Viana do Bolo, onde traballaron na organización e informatización dos fondos; nos arquivos municipais de Bergondo, de Ribeira e de Foz, nos que se centraron na descrición e subida de imaxes dos libros de actas ao Arquivo Dixital de Galicia; e nos arquivos xudiciais das audiencias provinciais da Coruña, de Lugo, de Ourense e de Pontevedra, nos que traballaron na descrición de fondos.

O traballo destes bolseiros traduciuse na subida de 21.463 imaxes ao Arquivo Dixital de Galicia e na introdución de 26.627 entradas no Sistema de Información de Arquivos Xeral. O orzamento do programa —unha prórroga do de 2016— foi de 107.406 euros, aos que hai que sumar os 4.567,20 euros en pagos asociados á Seguridade Social.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-02-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES