
O proxecto reúne un total de 42 artistas, que exporán en tres sedes moi próximas entre elas nunha estratexia conxunta necesaria de dinamización cultural, pouco habitual nas cidades galegas. A Colección DKV apostou por acompañar a traxectoria de artistas novos e de media carreira -moitos deles galegos-, converténdose nunha das apostas institucionais máis activas dos últimos tempos e, ao tempo, nun arquivo visual das moitas tendencias ou liñas emprendidas polos nosos artistas contemporáneos.
Por todo iso, a colección permite conformar e propoñer narrativas inéditas que, como esta, se poden adaptar a espazos de moi diversa índole; xa sexa unha igrexa do século XVII cun impoñente retablo; un edificio histórico de finais do XVIII que desde hai anos alberga o legado do artista surrealista Eugenio Fernández Granell; ou un cubo branco que primeiro foi un garaxe e que hoxe é un espazo neutro destinado á exposición de deseño e arte contemporánea. Con_secuencias. Colección DKV se completa con una publicación que recoge las obras presentadas por los 40 artistas seleccionados por los comisarios David Barro y Alicia Ventura.
Os artistas
Os artistas que participan en Con_secuencias son José Ramón Amondarain, Rosana Antolí, Antonio Ballester Moreno, Ana Barriga, Sergio Belinchón, David Bestué, Vicente Blanco, Manuel Blázquez, Jacobo Castellano, Patricia Dauder, Diego Delas, Miren Doiz, Manuel Eirís, Christian García Bello, Santiago Giralda, Laura González Cabrera, José Guerrero, Rubén Guerrero, Fernando Gutiérrez, Carlos Irijalba, Miki Leal, Almudena Lobera, Anna Malagrida, Álex Marco, Nacho Martín Silva, Rosell Meseguer, Guillermo Mora, Nico Munuera, Carme Nogueira, Juan Olivares, José Miguel Pereñíguez, Jorge Perianes, Aleix Plademunt, Samuel Salcedo, Amparo Sard, Teresa Solar, Miguel Ángel Tornero, Daniel Verbis, Nelo Vinuesa, Santiago Ydáñez e Juan Zamora.
O proxecto, co que colaboran a USC e a Fundación Museo Eugenio Granell, inaugurarase o martes 6 ás 19.00 horas en Fundación DIDAC, para acabar cunha visita guiada polos outros dos espazos. A exposición na Igrexa da Universidade estará aberta ata o 1 de abril, de martes a venres de 11.00 h a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.