
Estas fotografías, cos textos que as acompañan, formaron parte da exposición ASPNAIS, 50 ANOS, que se abreu ao público na sala de arte da Deputación Provincial de Lugo.
Na exposición figuran dúas obras de cada un dos seguintes fotógrafos lucenses:
ALBERTO LÓPEZ, FERNANDO GAGO, GERARDO LOZANO, GERMÁN LIMERES, INMA PURRIÑOS, JULIO LEIRA SANMARTÍN, MARIA VICTORIA FERNÁNDEZ, EDUARDO RODRÍGUEZ OCHOA, OSCAR CELA, PETER SCHNEIDER, XOSÉ MANUEL OTERO CASTRO, YOLANDA PURRIÑOS, ALVEZ, JOSÉ REIGOSA, J. VAZQUEZ e SEBAS SENANDE. Cada obra vai acompañada dun texto literario aportado polos autores lucenses: HELENA VILLAR JANEIRO, XOSE LOIS GARCÍA, CARLOS LÓPEZ FERNÁNDEZ, XOSÉ OTERO CANTO, FELIPE ARIAS VILAS, XOÁN XOSÉ FERNÁNDEZ ABELLA, ANTONIO REIGOSA, XOSÉ MARÍA GÓMEZ VILABELLA, FRANCISCO JAVIER NEIRA PAMPÍN, GERMÁN GARCÍA MERA, JOSÉ LUIS DURÁN MARIÑO, XOÁN NEIRA, MARTIÑO MASEDA, MARICA CAMPO, CARMEN BLANCO, LUIS LATORRE, XULIO VACÁRCEL, ELOI CALDEIRO, MARÍA XOSÉ LAMAS, FRANCISCO PIÑEIRO GONZÁLEZ, IAGO SANTALLA, PACO MARTÍN, MANUEL XOSÉ NEIRA, ALFONSO BLANCO TORRADO, ANA ISABEL RODRÍGUEZ, BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO-MERO, TOÑO NUÑEZ, MANUEL REGAL LEDO, HENRIQUE ALVARELLOS, BENJAMÍN SANTÍN CARBALLADA e ADOLFO DE ABEL VILELA.
Na inauguración, acto ao que asistirán un numeroso grupo de usuarios de Aspnais, van intervir:
- JOSÉ REIGOSA GARCÍA, Presidente de Aspnais.
- O escritor XOSÉ OTERO CANTO, leerá o poema XESÚS E O MALABARISTA, co que acadou o primeiro premio do Certame nacional de poesía sobre O Nadal, do Belén de Begonte. (O malabarista, é un rapaz de Aspnais que fai sorrir ao Neno Xesús, facendo xogos malabares cunhas laranxas, laranxas que Xesus compracido transforma en "chuches" para os nenos que se acheguen ao Portal, como un adianto do Milagre das Vodas de Canaán)
- JOSÉ MANUEL BALSEIRO OROL, Delegado Territorial da Xunta en Lugo.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.