
O escrito inédito gañador, cunha extensión máxima de 250.000 caracteres, será publicado por Urco e recibirá 4.000 euros. O prazo de entrega dos textos que opten ao premio conclúe o vindeiro 28 de febreiro. O xurado estará composto por unha persoa representante da familia de María Victoria Moreno, outra en representación do Concello de Pontevedra, unha alumna ou alumno do IES Torrente Ballester de Pontevedra -o último no que María Victoria Moreno foi docente-, unha persoa especialista en literarura infantil e xuvenil e outra en nome de Urco Editora. A súa decisión farase pública durante a celebración do Salón do libro infantil e Xuvenil de Pontevedra, en cuxa páxina web poden consultarse as bases do premio.
O tema da edición de 2018 do Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra é "Mulleres de conto". Preténdese así render unha "homenaxe merecida" ás mulleres que conforman o mundo da LIX e "promover unha lectura crítica e reflexiva, con perspectiva de xénero, ao mundo da creación literaria e plástica da LIX", explícase na páxina web do salón. Neste contexto, a figura de María Victoria Moreno, veciña da cidade, terá especial relevancia dentro das accións que se están a programar.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.