Notas de prensa

O CDG aposta de novo por Valle Inclán cunha nova obra en galego en 2018

O Centro Dramático Galego (CDG) aposta polas obras de Ramón María del Valle-Inclán. En 2018 estrearase a primeira versión en galego da obra Divinas palabras, o fito principal da programación do CDG nesta temporada. Anunciouse na tradicional ofrenda floral no cemiterio de Boisaca polo aniversario do pasamento do autor, referente literario.

Cómpre destacar que esta nova representación súmase á posta en marcha o ano pasado con Martes de Carnaval, que realizou 33 funcións en 11 teatros de Galicia e Valencia, concretamente no Festival Tercera Setmana. As diferentes representacións congregaron a preto de 6.000 espectadores.

Durante a súa intervención no acto de homenaxe, Román Rodríguez recordou a Valle-Inclán como “un referente canónico da cultura galega, española e mesmo mundial”. O conselleiro animou a relembrar o legado de Valle-Inclán, posto que na actualidade está considerado como “un dos grandes renovadores da novela do século XX e a máxima figura, xunto con Lorca, do teatro español contemporáneo”.

No acto tamén participaron o vicepresidente da Fundación Valle-Inclán, José Juan Durán, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-01-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES