Notas de prensa

O xornalista Xulio Xiz recibe a Medalla de Ouro de Vilalba pola súa traxectoria

O xornalista vilalbés Xulio Xiz recibiu a Medalla de Ouro de Vilalba nun acto celebrado no auditorio Carmen Estévez da capital chairega. O alcalde da vila lucense, Agustín Baamonde, fíxolle entrega desta distinción polos anos de apoio incondicional á actividade cultural e social. O xornalista fixo do seu discurso de agradecemento unha "declaración de amor" á súa Vilalba natal.

A corporación municipal de Vilalba decidiu por unanimidade concederlle a Medalla de Ouro da vila ao xornalista chairego Xulio Xiz, que recibiu esta distinción nun acto público celebrado o venres 29 de decembro no auditorio Carmen Estévez da capital da Terra Chá.

O evento contou coa participación de numerosas persoalidades da vida cultural de Vilalba, así como de agrupacións musicais como a Coral Polifónica de Vilalba, a Banda de Música de Vilalba e o Orfeón Lucense. Este acto implicou un sentido recoñecemento público aos anos de adicación de Xulio Xiz considerado un gran dinamizador da cultura na súa vila natal. A entrega da Medalla de Ouro do Concello de Vilalba a este xornalista valora toda unha vida adicada a colaborar e organizar miles de actos e homenaxes, presentador e mantedor de diversos eventos, e membro do xurado do Certame Literario do Excmo. Concello de Vilalba desde a súa orixe.

NotaCoa emoción desta distinción, que recibiu de mans do alcalde Agustín Baamonde, o xornalista Xulio Xiz agradeceu o galardón e, ademáis de reivindicar a súa amizade con Vilalba, manifestou o seu compromiso con este pobo "que tanto me deu". As súas palabras xiraron en torno a "unha declaración de amor" cara esta vila que o viu nacer e da que agora recibe a súa gratitude a xeito deste recoñecemento.

O acto rematou coa interpretación da canción "O carro" nunha colaboración especial da Coral Polifónica de Vilalba, a Banda de Música de Vilalba e o Orfeón Lucense.

Fotografías: Carlos Rodríguez Arias.

GD, 2017-12-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES