Notas de prensa

Inaugurada a mostra da XXVIII edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán

A sala de exposicións da Delegación da Xunta en Lugo acolle a mostra das obras presentadas ao certame galego de arte José Domínguez Guizán, vencellado ao Belén de Begonte.

A sala de exposicións da Delegación territorial da Xunta en Lugo acolle a mostra de pintura coas 13 obras presentadas á XXVIII edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, unha cita imprescindible cada Nadal que se enmarca no amplo programa de actividades ao abeiro do Belén de Begonte, evento declarado de interese turístico galego.

A inauguración contou coas intervencións do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que fixo de anfitrión, do promotor da mostra, Xulio Xiz e do alcalde de Begonte, José Ulla. O certame está organizado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán que tamén convoca outros concursos de poesía, de xornalismo e de debuxo entorno a Begonte e, en xeral o Nadal en Galicia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-12-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES