Notas de prensa

Galicia afonda en México na internacionalización da universidade e participa na Feira do Libro de Guadalajara

O conselleiro de Cultura e Educación asinará un Memorando de Entendemento coa Asociación Nacional de Universidades e Institucións de Educación Superior mexicana (ANUIES). Reunirase con persoeiros do mundo educativo e cultural de América Latina. Así mesmo, apoiará a presenza de editores e autores galegos nun dos meirandes encontros editoriais do mundo.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, inicia unha visita institucional a México co obxectivo de afondar na internacionalización do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e de apoiar a presenza de editores e escritores galegos na Feira Internacional do Libro de Guadalajara.

Neste sentido, e acompañado dos reitores das tres universidades galegas, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia asinará co secretario xeral executivo da Asociación Nacional de Universidades e Instituciones de Educación Superior de México (ANUIES), Jaime Valls Esponda, o Memorando de Entendemento para a colaboración na realización de actividades académicas, científicas e culturais entre a ANUIES e o SUG.

O acto enmárcase na Conferencia Anual da ANUIES, que se celebra na Universidade de Guadalajara ata o 24 de novembro, en cuxo contexto Román Rodríguez tamén se reunirá con persoeiros do mundo educativo e cultural de América Latina.

FIL de Guadalajara

Xa o sábado 25, o conselleiro participará na inauguración da Feria Internacional del Libro (FIL) de Guadalajara, que se desenvolverá ata o 3 de decembro. O encontro, fundado hai 31 anos pola Universidade de Guadalajara, é a reunión editorial máis importante de Iberoamérica.

Autores, axentes literarios, bibliotecarios, libreiros e máis de 2.000 editoriais de preto de 50 países participan cada ano nesta feira, que acada unha cifra de 800.000 visitantes. Ademais da caseta de Galicia, a Consellería apoia a presenza de catro autores galegos (Paula Carballeira, Federico Fernández, Mariluz Ferreiro e María Canosa) na FIL, a través de encontros con lectores, sinaturas de libros, conferencias, contacontos, presentacións etc. Asemade, participan na feira, apoiados tamén pola Xunta, as editoriais Nova Galicia Edicións e Kalandraka.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-11-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES