
O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco veñen de outorgarlle o Premio 'Risco' de Creación Literaria a Alberto Ramos, pola súa obra 'A simetría das bestas'. O premio para a obra gañadora é de 6.000 euros en metálico ademais da publicación de 150 exemplares.
O xurado, reunido no Liceo, deliberou entre as 16 obras presentadas, estivo composto por: Belén Iglesias Cortés, concelleira de Cultura, exercendo como presidenta; David González Domínguez, vogal (representando á editorial Urco); Benigno Yáñez Pérez, vogal (gañador da edición anterior); Constantino Pazos Sobrino, vogal (profesor de Ensino Secundario); Antonio González Blanco, vogal (profesor de Ensino Secundario); Ánxela Gracián ,vogal (escritora e crítica literaria); e Mónica Fernández Valencia, técnica do Servizo de Normalización Lingüística, actuando como secretaria.
Alberto Ramos, xornalista compostelán, xa gañara o Premio Risco en 2012 coa súa obra Todos os días. Na edición deste ano, gañou por maioría cunha obra de corte filosófico, onde concede un espazo de dignidade aos outros, aos diferentes, aos marxinados. O xurado destaca o seu simbolismo e moi bo manexo dos recursos narrativos, así como personaxes moi ben construídas dadas esas discusións filosóficas.
O concurso, que cumpre a súa décimo sétima edición, homenaxea un dos referentes da Xeración Nós, don Vicente Martínez-Risco,e tamén o seu fillo, Antón Martínez-Risco Fernández, ambos veciños de Ourense, e ten no seu palmarés nomes coma os de Xosé Carlos Caneiro, Xosé Luís Martínez Pereiro, Hixinio Puentes ou Xosé Vázquez Pintor.
Fotografía: Galipedia.
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.