Notas de prensa

O Ciclo Lírico traerá a Ourense as mellores figuras internacionais da ópera e a zarzuela

O festival abrirase coa gran diva internacional da ópera Cristina Gallardo Domas o vindeiro 24 de novembro, que estará acompañada ao piano por Juan Durán, un dos mellores compositores galegos da actualidade, e xuntos amosarán “Puentes de Amor”, os temas que compoñen o disco que grabaron o mes pasado na cidade.

Presentouse un dos produtos culturais máis singulares e especiais que pon en marcha o Concello de Ourense co inestimable apoio da Deputación e de Abanca. “Dúas institucións, pública e privada, que se significan polo seu constante apoio e sensibilidade coa Cultura en maiúsculas dentro de Ourense”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez. Neste eido, tamén explicou o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, que “a cooperación entre administracións promove accións tan importantes como a que estamos hoxe a presentar con figuras de máximo nivel en ópera e zarzuela”.

O Ciclo de Lírica é unha aposta pola música de calidade. Por situar a Ourense como capital da ópera e zarzuela coas figuras máis importantes da lírica española. Un certame de altísimo nivel con calidade asegurada, xa que conta con figuras de recoñecido prestixio internacional que interpretarán no inmellorable escenario do Teatro Principal auténticas xoias da música. Así o sinalou Roberto Relova, asesor musical do certame, quen matizou que “para alguén que viu a Cristina Gallardo Domas no Metropolitan de New York ou na Scala de Milán, saber que a ten en Ourense é un soño”.

Así, abrirá o Ciclo de Lírica o 24 deste mes a gran diva da ópera Cristina Gallardo Domas. A soprano chilena, gran figura internacional, estará acompañada por Juan Durán ao piano, posiblemente o mellor compositor galego que existe na actualidade, e xuntos amosarán “Puentes de Amor”, os temas que compoñen o disco que grabaron o mes pasado na nosa cidade.

O 1 de decembro, a mezzosoprano Sandra Ferrández e o barítono Javier Fernández darán un concerto con Rubén Fernández Aguirre ao piano. E unha semana despois, o 8 de decembro, o concerto de clausura correrá a cargo da soprano vallisoletana María Rodríguez e da pianista Margarita Viso Soto.

Todos os concertos serán ás 20:30 horas no Teatro Principal e o prezo das entradas estará entre os 5 e os 8 euros.

“Recuperamos así para Ourense un ciclo que ven a cubrir a escasa presencia de espectáculos líricos e con intérpretes recoñecidos en toda España. Ourense, como a Atenas Galega que é, convértese no escenario ideal para unha expresión artística que non deixará indiferente a ninguén. E, por suposto, atraer a atención de todos os públicos é un dos nosos obxectivos. Porque achegar a Cultura a todos é un xeito de facer cidade”, explicou o alcalde, Jesús Vázquez.

“Non me cabe a menor dúbida de que o esixente público ourensán agradecerá esta iniciativa pioneira que contribuirá, ademáis, a dinamizar a cultura da nosa cidade e a abrir novas portas e posibilidades para o público que ama a música en directo, a música de calidade. E sempre desde o incomparable escenario do Teatro Principal, perfecto para un espectáculo destas características”, finalizou o rexedor ourensán.


Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense, 2017-11-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da USC, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES