Notas de prensa

Cristina Domínguez dirixe a primeira das Lectura Dramatizadas organizada pola SGAE e a AAAG

Organízanse dúas lecturas dramatizadas en Santiago de Compostela dentro do XXI Ciclo de Lecturas Dramatizadas, promovido pola SGAE a nivel estatal e que ten como obxectivo promocionar os autores para a difusión das súas obras, así como apoiar os dramaturgos e estimular a creación.

Ambas as dúas lecturas son de acceso gratuíto. A primeira delas celebrarase mañá mércores 8 de novembro ás 21.00 horas na Sala Germán Coppini da Fundación SGAE (Rúa Salvadas, 2A). O texto escollido para a ocasión é Atrevereime, da dramaturga Teresa González Costa. A directora Cristina Domínguez encargarase da dirección dunha peza interpretada por Marián Bañobre, Victoria Pérez, Davide González e Roberto Leal.

‘ATREVEREIME’
Atrevereime, escrita por Teresa González Costa, é unha traxicomedia que conta o debate interno de Remedios. Trátase dunha muller con vocación de artista que, non obstante, traballa como funcionaria da Oficina de Queixas, onde a rutina silencia súa propia voz.

Día: Mércores, 8 de novembro ás 21.00 horas.
Lugar: Sala Germán Coppini, Fundación SGAE (Rúa Salvadas, 2A. Santiago de Compostela)
Dirección: Cristina Domínguez
Intérpretes: Marián Bañobre, Victoria Pérez, Davide González e Roberto Leal.

‘A ARAÑEIRA’
A segunda das Lecturas Dramatizadas centrarase no texto A Arañeira, de Raúl Dans. Quico Cadaval será quen dirixa a sesión na que participarán Vicente Mohedano, Rebeca Montero e María Roja. A cita será o martes 14 de novembro ás 21,00 horas no mesmo recinto. As entradas para ambas lecturas son de balde.

A Arañeira, texto de Raúl Dans, trata do que lle acontece a Adela, unha muller que leva aparentemente unha vida plena. De súpeto, unha descoñecida preséntase na súa casa da praia para contar o segredo sobre o que se fundamenta todo o seu mundo.


Día: Martes, 14 de novembro ás 21.00 horas.
Lugar: Sala Germán Coppini. Fundación SGAE (Rúa Salvadas, 2A. Santiago de Compostela)
Dirección: Quico Cadaval
Intérpretes: Vicente Mohedano, Rebeca Montero e María Roja.

Alberto Ramos (Comunicación AAAG), 2017-11-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da USC, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES