
O recital supón a participación de Anna Gual, Blanca Llum, Joan Pons, pola banda catalá e Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño e Rosalía Fernández Rial, pola galega.
O programa Poetas itinerantes recunca en Galicia. Logo do diálogo entre a poesía vasca e galega que tivo lugar en Santiago de Compostela na primavera de 2016, é o tempo de que voces galegas e catalás unan os seus versos para nos ofrecer unha mostra da poética contemporánea que se está a facer en Galicia e Cataluña.
Miren Agur Meabe, Leire Bilbao, Anxo Angueira, Gonzalo Hermo, Dores Tembrás e Manuel Rivas deixaron o pouso dos seus versos en Compostela e tamén en Bilbao, durante a visita de volta que se produciu en outono de 2016 no Edificio de Tabakalera.
Promovido polo Instituto Etxepare, o Instituto Ramón Llull e o Consello da Cultura Galega, este recital forma parte dun proxecto iniciado en Barcelona en 2015 que procura tender unha ponte máis cara a un futuro intercultural e multilingüe.
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.