Notas de prensa

O 30 e 31 de outubro trátase no CDG un enfoque comparado de dous finisterrae europeos: Galicia-Bretaña

Os fisterres europeus teñen entre si unha parentela que é algo máis que xeográfica. Acontece con Irlanda ou Escocia, pero tamén con Bretaña. Según os estudos, unha inmigración de orixe bretona instalouse na alta idade media nas rexións setentrionais de Galicia e unha constante relación por mar foi mantida entre os portos galegos e os bretóns.

Alén destas relacións, un fondo etnocultural une a estes dous fisterres, desde o celtismo ou a relixiosidade, ata monumentos como as pedras fitas e os cruceiros de pedra ou “calvarios”.

Autores bretóns como Chateaubriand ou E. Renan foron leituras de cabeceira para intelectuais da xeración Nós e a Bretaña viaxaron, física ou literariamente, figuras como Alfonso D. Castelao ou Ramón Otero Pedrayo. A “materia de Bretaña” inspirou a moitos escritores galegos e un narrador e poeta como Álvaro Cunqueiro situou en terras bretonas as andanzas do sochantre de Pontivy, antes de visitar persoalmente os lugares creados no seu maxín literario. Logo da literatura veu a música como correa de transmisión das culturas galega e bretona, con constantes presenzas en festivais organizados en ambas terras. Agora chega a hora da reflexión e da investigación.

Sobre este fondo común, e proseguindo iniciativas do Consello da Cultura Galega como os congresos sobre Galicia-Irlanda ou Galicia-Finlandia, este ano organizamos un congreso Galicia-Bretaña, con un enfoque comparado, que aspiramos a que marque unha axenda de colaboracións permanentes. Para este congreso, contamos coa colaboración da Université de Rennes-2 e coa presenza entre nós de distinguidos investigadores de varias universidades bretonas, que se verán acompañados por unha nutrida nómina de expertos galegos procedentes tamén de varias universidades.

Consello da Cultura Galega (CCG), 2017-10-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da USC, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES