
A obra do autor homenaxeado polas Letras Galegas 2017, Carlos Casares, centra o XIV Curso de Formación A Literatura Infantil e Xuvenil. Relacións texto-imaxe, que se celebrará o próximo novembro baixo o título Literatura e memoria: Carlos Casares no ensino. As entidades convocantes desta acción formativa son o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Consellería de Cultura e Educación, o Grupo de Investigación LITER21 pertencente ao Instituto de Cinecias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
O curso celebrarase na capital de Galicia: o día 10 de novembro na sede Ramón Piñeiro e o 11 de novembro na Biblioteca Afundación. O prazo de matrícula está aberto xa ata o 9 de novembro e toda a información dispoñible no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal).
Formación para a comprensión lectora
Baixo a dirección das profesoras Blanca-Ana Roig Rechou (directora do proxecto de Literatura Infantil e Xuvenil do Ramón Piñeiro) e Ana María Porto Castro, o curso abordará a faceta de Carlos Casares como educador e escritor de literatura infantil e xuvenil, co obxectivo de salientar a importancia deste autor na formación lectora no ensino infantil, primario e secundario e demostrar que a súa obra é imprescindible na planificación lectora.
A organización do curso A Literatura Infantil e Xuvenil. Relacións texto-imaxe chama a atención sobre o feito de que a formación ofertada ne lestá xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo dos graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e comprensión lectora e escrita.
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.