
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou o III Encontro do Clúster de Turismo de Galicia Consolidando un destino turístico sustentable que tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.
Durante o acto de inauguración, a responsable de Turismo da Xunta destacou que o turismo constitúe un dos sectores máis activos e con maior capacidade de desenvolvemento na economía galega ao representar máis do 11% do produto interior bruto e o 12% do emprego.
A directora de Turismo de Galicia sinalou que para aproveitar este gran potencial do sector resulta fundamental apostar pola coordinación tanto público-privada como interadministrativa.
Neste senso, destacou a relevancia acadada polo Clúster de Turismo de Galicia o cal, segundo afirmou, se converteu nunha ferramenta indispensable para lograr obxectivos comúns de todos os integrantes e traballar conxuntamente no posicionamento do destino Galicia dun xeito eficiente e competitivo. Coa súa constitución conseguimos aglutinar os intereses das múltiples asociacións e profesionais nunha única entidade incrementando as opcións para apostar pola internacionalización e a apertura a novos mercados e proxectos turísticos, afirmou a directora galega de Turismo.
Así mesmo, Nava Castro resaltou, durante a inauguración do encontro, que para manter o impulso do sector son fundamentais a innovación e a competitividade.
Estratexia 2020
Nesta liña, Nava Castro recordou que Turismo de Galicia inicia neste ano unha nova estratexia co horizonte no ano 2020 resultado dun proceso participativo que abordou un amplo traballo de campo e unha profunda análise estratéxica.
Para a elaboración desta estratexia dimos un paso máis na colaboración público-privada traballando man a man para elaborar esta nova folla de ruta do turismo galego que ten en conta as necesidades de cada un dos axentes da cadea de valor do sector turístico galego, explicou.
Segundo sinalou, a través deste novo plan mellorarase a competitividade do turismo galego consolidando Galicia como un destino sustentable diferenciado a nivel global e adaptado aos cambios do mercado.
Así mesmo, destacou que esta nova Estratexia de Turismo de Galicia establece uns ambiciosos obxectivos sectoriais para o 2020 que pasan por incrementar en máis dun 21% os turistas que chegan a Galicia, ata acadar os 6.000.000, e impulsar o peso do turismo internacional ata representar máis do 33% do total, o que se traduce en 2.000.000 de visitantes estranxeiros.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.