
A intervención deste caricaturista, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona e recoñecido con diversos galardóns tanto nacionais como internacionais, encádrase no marco do ciclo de relatorios Valle-Inclán, xenio e figura e está asociada á exposición homónima que se pode visitar no Colexio de Fonseca e na que se presenta ao público unha selección de 800 imaxes.
Jaume Capdevila realiza ademais do seu labor como caricaturista en diversas publicacións un intenso labor como teórico e divulgador do humor gráfico. De feito, Kap é membro do comité de dirección do Instituto Quevedo do Humor da Fundación General da Universidade de Alcalá de Henares, colabora con diversas universidades, preside o colectivo Debuxantes sen Fronteiras e é membro da asociación vinculada á ONU ONU Cartooning for.
O traballo deste prolífico debuxante e tamén teórico do humor gráfico está recollido en máis de 40 libros, que recollen tanto as súas creacións artísticas como estudos sobre publicacións satíricas, debuxantes ou outros aspectos vinculados ao humor gráfico.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.