Notas de prensa

Debate sobre os novos procesos de selección laboral e as redes sociais

Coñecer os actuais procesos de selección nos medios dixitais e como os empregan os recrutadores de emprego para formar parte dos cadros de persoal das empresas é o principal obxectivo do curso gratuíto que o martes 19 de abril está previsto no Salón de Graos da Facultade de Relacións Laborais de Santiago de Compostela ás 16.30 horas.

A xornada Que esperan de ti as empresas? Os novos procesos de selección e redes sociais, está dirixida a alumnado de últimos cursos de grao e máster e a persoal investigador e titulados recentes da USC, que deberán inscribirse previamente.

Entre outras cuestións, achegaranse claves para coñecer e identificar cómo chegar aos ‘ potenciais clientes’ (empresas e recrutadores) e trasmitirlles unha mensaxe convincente e aprender a posicionarse axeitadamente nas redes profesionais.

Como relatores intervirán o director de Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga; a directora de Servicio Regional ADECCO, Delia Rodríguez Blanco; e o director de negocios de Servitalent e profesor asociado de Galicia Business School, Alberto Fernández Varela.

A marca persoal

A Ãrea de Orientación Laboral da USC organiza ademais para o mércores 20 unha charla dirixida a alumnado de último curso e titulados recentes sobre a importancia da marca persoal e o valor diferencial para dirixir a carreira profesional.

A actividade correrá a cargo de Verónica Ramallal, CEO da axencia creativa Pekecha, que explicará cómo converter as rarezas persoais en virtudes, xestionar a propia imaxe profesional nas redes sociais, conseguir ser a opción seleccionada e ser vistos como se desexa profesionalmente.

O obradoiro será o día 20 de 16:30 a 20:30 horas na Aula 6 da Facultade de Relacións Laborais e aínda que é gratuíto se precisa inscrición previa.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2016-04-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES