A Cidade da Cultura programa no mes de agosto en Atardecer no Gaiás catro solpores musicais con seis artistas que conxugan música urbana, pop, electrónica e rock para todos os gustos. Os concertos gratuítos ¡arrancan este xoves día 6 coas guitarras e a distorsión de Dogo, grupo compostelán de rock alternativo con influencias do post-punk e o shoegaze, a partir do que constrúen temas de atmosferas densas e melodías envolventes en galego. O trío formado por Carlos Beiró (guitarra, voz), Xoan Escudero (baixo, voz) e Ángel Refojo (batería) publicou o ano pasado o seu primeiro EP, Brutalismo, logo de gañar o concurso Sonidos Mans Salas para bandas emerxentes. A actuación será ás 21,00 horas na Praza central do Gaiás.
Todos temos vivido experiencias que parecían imposibles.
Situacións que, se non é por intervención divina, non se terían producido.
Pois ben, nestes tempos tan incertos que nos toca vivir, necesitamos milagres para correxir certos desvíos...
Necesitamos a axuda do Alto para que as "augas volvan ós seus cauces" e ...
A Xunta habilitou hoxe un apartado específico dentro da páxina web de MeteoGalicia para facilitar o acceso e as consultas relacionadas coa predición do tempo en todos os concellos galegos durante a xornada da eclipse solar, prevista para o vindeiro día 12 de agosto. Galicia será unha das rexións nas que mellor se poderá observar este fenómeno astronómico de carácter excepcional, aínda que non en todas as zonas se apreciará por igual. De feito, no espazo web dedicado ao tempo durante a eclipse hai un mapa con todos os concellos sobre o que se indica en cales será total e en cales se verá de forma parcial.
Co obxectivo de pór en valor os máis de 2.555 quilómetros de litoral que posúe Galicia, a Xunta ven de lanzar o Camiño do Litoral. Trátase dun itinerario único que discorre por 78 municipios costeiros a través de 52 etapas, concibido para ofrecer unha alternativa de turismo sustentable e amosar a convivencia entre a conservación ambiental e o desenvolvemento socioeconómico da zona. Esta gran ruta vertebradora, que xurde como unha das medidas clave ao abeiro da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, conecta espazos naturais, vilas mariñeiras e un rico patrimonio cultural e etnográfico.
Un guardia municipal