Unha das Medallas de Galicia recae en Claudia Álvarez, empresaria arxentina de orixe galega, que preside o grupo Álvarez Argüelles Hoteles. Un negocio familiar que comezou en Mar del Plata e que agora conta con hoteis en distintos puntos de América. Outra das galardoadas deste ano é a fiscal xefa de Menores no cantón suízo de Argovia, Beatriz Gil, que mantén unha estreita colaboración co asociacionismo galego en Zúrich. A terceira Medalla de Galicia homenaxea a Carla Angola, filla dunha ourensá exiliada tras a guerra civil española, e hoxe 'unha das xornalistas máis influentes de Venezuela'. Por último, o Consello aprobou concederlle tamén a Medalla de Galicia a odontológa Camila Fernández, unha das profesionais máis relevantes neste eido no Brasil.
De como nos enganan acotío os manipuladores hai mostras para dar e tomar. Vémolo todos os días na política e nas altas esferas futboleiras onde outros intereses priman sobre os exactamente deportivos.
Non vin ningún partido completo dese macro circo que é o campionato do mundo de fútbol que está nas mans de autént...
Os últimos concertos de Atardecer no Gaiás do mes de xullo traen unha das bandas galegas de rock máis internacionais do momento: Bala. O dúo coruñés actuará o xoves 23 de xullo, logo de ter pasado por escenarios e festivais de toda España, Reino Unido, Australia, Estados Unidos e Xapón. A actuación será ás 21,00 horas na Praza central da Cidade da Cultura, con acceso libre e gratuíto. Con catro discos e un directo explosivo, Ánxela Baltar e Violeta Mosquera farán un repaso dos temas cos que deron forma a unha identidade única na escena. Guitarra, batería e voz son suficientes para lanzar disparos sonoros que lembran ao rock intenso dos 90 con influencias que van desde o stoner, ao hardcore e o punk.
Serán 33 os expedientes que serán avaliados nesta sesión co fin de acadar o máximo recoñecemento patrimonial por parte da Unesco. Esta valoración farase ao longo das xornadas do venres, do sábado, do domingo e do luns. A programación rematará o mércores 29 coa aprobación do informe final, a adopción de decisións e a clausura oficial do Comité. A previsión é que a resolución sobre a candidatura galega se coñeza 'entre o domingo 26 e o luns 27'. Cómpre lembrar que este encontro se leva a cabo na cidade de Busán, onde o expediente será analizado por 21 embaixadores de Estados membros, entre eles Armenia, Acerbaixán, Bangladesh, Chequia, Granada, Xamaica, Kazakistán, Kenia, Kuwait, Líbano, Mongolia ou Perú.
Un hombre serio y honrado