Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (emprego-00.jpg) A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, valorou esta mañá os últimos datos de paro rexistrado e afiliacións á Seguridade Social. Destacou que Galicia alcanzou en outubro os 1.127.270 cotizantes, o máximo rexistrado para este mes desde o inicio da serie histórica, en 2004, e o cuarto maior rexistro global, só por detrás dos de xullo, agosto e setembro deste mesmo ano. Ademais, a Comunidade conta con 24.286 afiliacións máis que hai un ano, o que supón un incremento do 2,20 %. En relación co paro, Galicia pechou outubro con 114.849 persoas paradas.

Opinión

OpinionAs flores, os ríos, os prados, un bafo permanente, a túa memoria presente. Que demente aquela ou aquel que se atreva a amarte que valente pero que deleite... Adxudícome o papel de protagonista, si. Son unha demente de carne e óso que non cesa no seu desexo de incharme o ventre a cereixas, o naris a incenso,...
Yllade Ramil, Gemma

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.

Notas de Galicia

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas de Galicia

O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (antonio_roson.jpg) Muy cerca de su sillón,
más que sillón es sofá
está Antonio Rosón
nacido en Becerreá.

Presidió el Parlamanto
en tiempo de democracia
y, corríjanme, si miento,
con singular perspicacia.
ver todas

Humor

Humor Sabela Arias HumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorMillán M.
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES