A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou en Madrid na Comisión de Directores Xerais de Transporte Terrestre do Estado e das Comunidades Autónomas, onde reclamou ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible que o custo do abono único non repercuta nas comunidades autónomas, tras coñecerse na xuntanza que a medida terá impacto nas arcas autonómicas e que o gasto das adaptacións tecnolóxicas non terá compensación estatal. O Goberno galego instou unha vez máis a consensuar a iniciativa.
Longa viaxe! No medio da voráxine diaria de novas e fakes de consumo inmediato antes de que a súa propia inmediatez as devore, que apareza nalgures que unha nave terrestre vai camiño a Mercurio, con varios anos de viaxe xa por tras de si, soa estraño. É o que ten que haxa moita xente interesada, e empresas, e instit...
Galicia rexistrou un mes de setembro seco e moi cálido, cunha temperatura media de 20,4 graos, é dicir, 2,4 graos por riba do habitual nesta época do ano. De feito, foi o segundo setembro máis caloroso na Comunidade desde 1961 (ano de inicio da serie histórica), tan só superado polo de 2018. Así consta no último informe climatolóxico mensual de MeteoGalicia, presentado esta mañá en Santiago de Compostela.
No que atinxe ao reparto territorial, a matrícula medra de forma xeneralizada en todas as provincias e en todas as áreas, sendo a provincia de Ourense a que rexistra unha porcentaxe máis elevada de crecemento. Así pois, Ourense acada as 7.053 persoas na FP (+7,43%), Lugo conta con 7.774 matrículas (+6,76), Pontevedra con 27.642 persoas (+5,64%) e A Coruña rexistra 32.914 persoas matriculadas (+5,44%). Esta dinámica alcista dáse tamén en todas as áreas territoriais, sendo a que máis medra a de Barbanza-Muros-Noia (+10,61%), seguida de Lemos-Chantada-Quiroga (+9,22%), A Mariña (+7,89%), Área de Ourense (7,54%) e Verín-Limia-Baixa Limia (+7,39%).
Mi querido don José: