O balance de doazóns de sangue do ano 2025 destaca a participación e solidariedade de todas as persoas que realizaron 105.337 doazóns durante o pasado ano. Esta cifra representa unha taxa de 39 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano. Así, este índice segue a situarse como un dos máis elevados de España, con preto de tres puntos por riba da media estatal dos últimos anos. Destacan tamén os 9.275 doantes novos do ano 2025, un dato especialmente positivo ao representar o 12,65 % de todas as persoas que participaron. En 2025 doaron un total de 73.317 persoas, das que o 65 % participaron unha vez ao longo do ano e o 35 % realizaron dúas ou máis doazóns.
Señor alcalde, señores concelleiros, autoridades, queridos berberechos, queridos amigos e queridos inimigos BO DÍA.
(Os inimigos son eses que veñen a estes actos non para aprender ou ilustrase, veñen só á caza do erro que un pode cometer, para logo eles lucirse contándoo).
Temos que recoñecer, que os chícaros en F...
A programación desta nova edición volverá combinar espectáculos de sala, funcións de rúa, instalacións, música e propostas participativas arredor do mundo dos monicreques, con compañías galegas como Tanxarina Títeres, Títeres Alakrán, Babaluva, Mircromina, Trécola Producións, Troula Animación ou Bico de Toupa, xunto a formacións chegadas de diferentes puntos do Estado e de países como Francia, Italia, Portugal, Uruguai ou Arxentina. Entre as montaxes destacadas figura A Biblioteca Galáctica contra IA Fantástica, de Tanxarina Títeres, recoñecida nos Premios María Casares 2026, ademais de propostas premiadas como Gloria Bendita, de Arteria Producciones, ou Érase unha vez
dous pés!, da italiana Teatro dei Piedi.
Os bos resultados acadados nos últimos anos en biotecnoloxía sitúan a Galicia nunha posición de referencia neste sector, con moita proxección de futuro. A biotecnoloxía pasou de ser unha aposta estratéxica a converterse nun sector económico e científico con masa crítica, capacidades diferenciais e resultados medibles. Así o amosan os resultados acadados na execución da Estratexia de consolidación do sector en Galicia 21-25. Entre eles, destaca a creación de 30 novas empresas biotecnolóxicas, acadando a cifra de 162 compañías actuais; unha facturación de 2.037 millóns de euros, que cuadriplica a de 2021 e se sitúa no 2,6% do PIB; ou o aumento do emprego cualificado vencellado ao sector, acadando as 5.693 persoas traballadoras, tres veces máis desde 2021.
Jugaba Moncho Rancaño