O circuíto estatal AIEnRUTa-Artistas inicia a súa nova programación coa participación das bandas galegas Mad Martin Trio, Eladio y Los Seres Queridos e De Ninghures, que ata o mes de xuño ofrecerán unha ducia de concertos por salas de toda España. Os concertos galegos desta primeira metade do ano arrancan mañá venres 9 en Tafalla (Navarra) con Mad Martin Trio, que tamén tocará o sábado 10 en Logroño, o 7 de marzo en Huesca e o 18 de marzo en Alacante. Pola súa banda, Eladio y Los Seres Queridos actuará en Bilbao o 20 de febreiro, en Oviedo o 21 de ese mes, en Palencia o 17 de abril e en Valladolid o 18; mentres De Ninghures levará o seu directo a Bilbao o 27 de febreiro, Madrid o 10 de abril, Donostia o 17 dese mes e Barcelona o 29 de maio.
UCIN Galicia, a través do seu coordinador José Luis Calo, exixe ao Estado a realización inmediata de reparacións na ponte de Pontevea, que cruza o río Ulla entre os municipios da Estrada (Pontevedra) e Teo (A Coruña).
A ponte, de orixe medieval e declarado Ben de Interese Cultural (BIC), presenta danos estr...
A onda epidémica da gripe mantén unha intensidade baixa e tendencia decrecente na comunidade. Galicia segue a incrementar o número de vacinados fronte á gripe, con 876.347 persoas esta temporada, e cun especial incremento da cobertura vacinal dos maiores de 65 anos, cun 73,17 % de vacinados, o que supón dous puntos máis que o ano pasado. Tamén aumentou notablemente a porcentaxe de persoal sanitario vacinado, con máis do 66 %, o que representa 12 puntos con respecto a 2024. No colectivo de embarazadas, a cobertura aumentou case 2 puntos porcentuais, superando o 48 %. Con todo, o grupo de idade no que se atopa unha maior implicación segue a ser o de maiores de 80 anos, que supera as taxas de 2024 e este ano acada o 82,5 % de vacinados.
A Xunta de Galicia impulsa a calidade, a innovación e a proxección do Sistema universitario de Galicia a través do selo de excelencia, un distintivo do que gozarán neste novo ano unha vintena de titulacións. Para acadar esta cifra, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e FP ten aberto neste momento dous procesos. Por unha banda, ata o 5 de febreiro as universidades poden solicitar o recoñecemento para un máximo de seis graos, dous por cada institución. Ademais, ata o 28 de febreiro está aberto o procedemento para renovación dos másteres. Este selo, creado polo Goberno autonómico, recoñece aquelas titulacións que destacan polo seu elevado nivel académico, científico e técnico, así como pola súa capacidade de adaptación ás demandas actuais da sociedade.
A mi me importa un cojón