Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (tecnoloxia-cuantica.jpg) A Intelixencia Artificial consolídase entre as tecnoloxías empregadas polas empresas galegas de maior tamaño. A enquisa do INE sobre o uso de TIC e comercio electrónico nas empresas 2025-2026, publicada hoxe, sinala que o 24,6 % das grandes empresas da Comunidade xa usan a Intelixencia Artificial na súa actividade produtiva, cun crecemento de 9 puntos no último ano. Ademais, os datos sitúan a Galicia entre as cinco primeiras comunidades autónomas no uso de software de planificación de recursos empresariais (ERP). Emprégao o 64,7 % das empresas galegas conectadas a internet de máis de 9 persoas empregadas, o que representa 3,8 puntos por riba da media estatal, situada no 60,9 %.

Opinión

OpinionContar a historia. Unha das curiosas anécdotas do doutor Piedra foi a que lle aconteceu en Veán da Pastoriza en 1961. Tivo que desprazarse a esa localidade para realizar unha autopsia a un rapaz que se suicidou pegándose un tiro de escopeta. Para realizar a autopsia, pediu unha mesa para colocar o cadáver ...
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (a-gaivota-cdg.JPG) A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukušić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukušić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.

Notas de Galicia

A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas de Galicia

A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (jose.jpg) Sport Auto y José.
José y Sport Auto.
Eso es lo que yo sé.
No jugaba, entrenaba,
y yo ignoro por qué.
ver todas

Humor

Humor Sabela Arias HumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorMillán M.
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES