O sector hoteleiro galego continúa a mostrar unha evolución positiva en 2026. Os datos correspondentes ao mes de outubro feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) confirman un incremento do 7,7% en viaxeiros e do 6,1% en noites. Os ingresos do sector hoteleiro cifráronse o pasado mes en 47,6M de euros, o que se traduce nun crecemento do 16,3%. En concreto, durante outubro aloxáronse nos hoteis galegos 537.950 viaxeiros, mentres que o número de noites alcanzou as 927.766 noites. A estadía media situouse en 1,72 noites, un 1,5% menos que en outubro de 2025.
Comeza asi o primeiro verso da canción "O Tren" de Andrés Dobarro, aquel tren que os que temos xa unha idade considerable, lembramos con certa nostálxia. Aquel tren que nos traía e levaba a calquera parte logo de non sei cantas horas de viaxe. Aquilo xa foi e agora figuramos como o segundo país do mundo en liña de a...
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello 'aprobou hoxe a nova Estratexia de internacionalización das empresas galegas, con horizonte 2028, e dotada de máis de 160 millóns de euros'. Este orzamento supera nun 54 % o da Estratexia 2021-2025. O obxectivo, tal e como resaltou a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, 'é que cada vez máis empresas galegas vendan fóra, que o fagan de forma estable e cheguen a novos mercados'. A nova folla de ruta poñerá especial interese, segundo explicou o presidente, 'en dous destinos que ofrecen grandes oportunidades como é China e os países de Mercosur'.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu hoxe a reunión do Grupo de Traballo de Pesca da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM), celebrada na Fundación Galicia Europa, en Bruxelas, e na que participaron representantes de rexións de España, Francia, Italia e Bélxica. O encontro serviu para debater o documento 'Visión 2040: renovar hoxe para asegurar o mañá', elaborado por Galicia xunto coa Secretaría Xeral da CRPM, que recolle a valoración das rexións sobre a estratexia da Comisión Europea para a pesca e a acuicultura e as súas prioridades para o futuro da Política Pesqueira Común (PPC).
Paco Busto, Paco Busto