A soidade non desexada é unha realidade silenciosa pero cada vez máis presente na nosa sociedade. Fronte a esta situación, a central telefónica de atención á soidade non desexada impulsada pola Xunta de Galicia mantén activo día a día o seu servizo de apoio, escoita e acompañamento para garantir que ningunha persoa se sinta soa nin sen recursos fronte ao illamento, superando as 8.000 chamadas no primeiro ano de funcionamento. A través do número de teléfono de atención de balde 900 830 831, un equipo profesional e especializado de Cruz Vermella atende diariamente as chamadas das persoas que buscan información, orientación ou, simplemente, alguén ao outro lado da liña que as escoite con empatía e comprensión.
O que dubide da categoría profesional de meu avó, (José María Gómez Carballedo), menciñeiro-albeite, que se dea unha volta polo museo da Fonsagrada onde conservan o número 1 do seu periódico O TÍO PEPE, que na súa páx. 2, do 31-1-1913, dedicoulle unha loa exultante O MENCIÑEIRO VERLAN. Só ten un erro, que confundiro...
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.