Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (costa-litoral-illas-cies.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello acordou hoxe 'iniciar os trámites' para solicitar formalmente ao Estado 'o traspaso dos medios materiais e persoais' a Galicia para poder 'exercer as competencias' en materia de ordenación do litoral que ten atribuídas polo seu Estatuto e que foron 'ratificadas polo Tribunal Constitucional'. O obxectivo é superar a actual situación na que o Goberno central segue exercitando un papel que non lle corresponde nesta materia. Para iso, tal e como explicou Rueda, a Xunta vai solicitar ao Executivo central 'que inicie este procedemento a través da Comisión Mixta de Transferencias', órgano paritario 'integrado por representantes de ambas administracións' e que será o que adopte o acordo de traspaso, que deberá ser aprobado mediante Real Decreto.

Opinión

OpinionNa célebre zarzuela "La Verbena de la Paloma" as personaxes don Hilario e Don Sebastián falan sobre o doado que é tomar o aceite de ricino en "pildoritas", e xurde aquilo de: "las ciencias adelantan que es una barbaridad" co que, logo de máis de cen anos, temos que estar de acordo. Estamos dende hai tempo mergulla...
Rubia, Xoan

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (camino-cunchas.jpg) O Camiño de Santiago bateu un novo récord ao recibir ao peregrino número 100.000 antes que calquera outro ano, que adoita ser a principios de xuño. A homenaxe recaeu en Milagros, unha muller de 60 anos e procedente de Florida, que percorreu o Camiño Portugués da Costa co seu marido. Esta cifra enmárcase dentro da boa tendencia desta ruta de peregrinación, que en 2023 xa bateu os rexistros históricos a pesar de non ser Ano Santo. Cómpre destacar que esta ruta de peregrinación está cada vez máis desestacionalizada e diversificada. De esta maneira, a afluencia de peregrinos segue medrando fóra de tempada alta; e que cada vez hai un reparto máis equilibrado de camiñantes entre as distintas rutas. Así, se en 2004 o resto de rutas que non eran o Camiño Francés representaban só o 24% dos peregrinos, agora esa cifra incrementouse ata o 53%.

Notas de Galicia

A resolución de problemas asociados á alta xeración de residuos agrícolas e forestais, que se acumulan cada vez en maior medida debido ao abandono do medio rural e que causan unha gran cantidade de incendios. Con este obxectivo lanzouse na Facultade de Ciencias do campus de Ourense o proxecto europeo Valorización integral de residuos agroforestais: novas biorrefinerías multiproduto escalables (Newpower). Liderado desde a Universidade de Vigo e cun orzamento total de 1,3 millóns de euros, aúna once socios de Portugal, Francia e España.

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (videnda-igvs-02.jpg) A Xunta de Galicia vén apostando durante os últimos anos pola rehabilitación de inmobles residenciais, ofrecendo medidas directas para reforzar o parque público de vivendas, pero tamén concedendo diversas axudas económicas, tanto a particulares como a comunidades de veciños e entidades promotoras. Dentro destas liñas de actuación, en abril de 2019 aprobouse a que foi a primeira Lei de rehabilitación e rexeneración e renovación urbanas de Galicia, que promovía a recuperación e rehabilitación do patrimonio xa construído.

Notas de Galicia

A Xornada Power Up Videoxogos Aplicados e Persuasivos, organizada polo Campus Industrial da Universidade da Coruña xunto coa Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, a través do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, amosou múltiples aplicacións que se abren co uso dos videoxogos.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (del-arbol.jpg) Era un grande jugador.
Yo no sé dónde jugaba,
pero siempre era el mejor.
Es del Árbol. Es del Árbol.
Hoy está ya muy mayor
y cuenta sus batallitas
cuando jugaba al balón.
ver todas

Humor (por Sabela Arias Castro)

Humor
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES