Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A intelixencia artificial

lunes, 13 de mayo de 2024
Na célebre zarzuela "La Verbena de la Paloma" as personaxes don Hilario e Don Sebastián falan sobre o doado que é tomar o aceite de ricino en "pildoritas", e xurde aquilo de: "las ciencias adelantan que es una barbaridad" co que, logo de máis de cen anos, temos que estar de acordo. Estamos dende hai tempo mergullados na IA dende que xogabamos cunha máquina ao xadrez con escasas posibilidades de gañar a partida. A intelixencia artificialDende aquela ata os nosos días fóronse sucedendo cousas que entran case no mundo da ciencia ficción. Hoxe temos na casa un asistente de voz ao que podemos pedir que nos poña a música que nos apetece ou que nos conte da actualidade e do pasado. É coma nosa memoria. Din que iso xérase con millóns de algoritmos, millóns de parámetros adestrados con outros tantos textos e imaxes, pero perdoade que non sega por aí porque me perdo irremisiblemente, así que vos vou contar un par de casos que chegaron a min procedentes da IA. O primeiro a través dun amigo que me manda unha canción composta (?) pola IA á que se lle dan tres suxestións como por exemplo que falara de amor, sol e praia. Dito e feito, en poucos segundos aí estaba a encomenda con coro de voces incluído. Podería ser calquera desas cancións que se escoitan na radio fórmula na antesala do verán. Hai que ver a onde estamos chegando e a onde chegaremos!
O meu fillo realizou unha imaxe simbólica con IA alusiva ao meu libro "Cartas a Michi" pedindo un gato das cores canela e branco, un libro con ese título e unha ventá que dese ao mar. En dez segundo tiña unha imaxe incrible, mellor dito, dúas para elixir. Todo isto resultaría unha fantasía se eu non o vira. E pregunto: será a IA a que, chegado o ínterim decida por nós? Evidentemente sexan benvidos os avances tecnolóxicos que van encamiñados a proporcionar beneficios á humanidade, pero teñen certas cuestións éticas que é necesario abordar. A min preocúpame o uso que algúns lle poidan dar a IA, desacóugame que se poda utilizar con fins espurios, cousa da que non estamos ceibes, inquiétame que unha máquina tome a miña voz para transmitir mensaxes non desexados, que decida se son idóneo para aspirar a un traballo en base a uns parámetros introducidos nese aparello cheo de algoritmos, que nos instale nun mundo virtual, que todo o que a IA pode facer supoña a perda de traballo para moita xente, etcétera.
As veces non nos poñemos a considerar ata que punto somos controlados, manipulados e enganados, ata que estremo nos consideran pezas que unha vez deixamos de serlles útiles, nos tiran ao lixo sen consideración. Non sei se chegará con ter coidado, non.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES